A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Redes

As últimas novidades do centro contadas nas redes sociais

11/01/18

O ALUMNADO DE MÚSICA CONTINÚA A SÚA VIAXE POLO MUNDO A TRAVÉS DOS SEUS CADERNOS MUSICAIS VIAXEIROS.

Os Cadernos Musicais Viaxeiros que saíron da Aula de Música o pasado mes de outubro, levando no seu interior parte da cultura de Guitiriz, a través das imaxes e textos que o alumnado decidiu que fose no seu interior, dentro do Proxecto Cadernos Musicais Viaxeiros dirixido e coordinado pola nosa profesora de música Sandra Tenreiro Doldán, para mostrar ao mundo algunhas das nosas costumes e tradicións de Guitiriz, xa están viaxando lonxe grazas a colaboración de novos amigos en Austin, Venezuela, Florida, República Dominicana, China, Francia.
O alumnado de música está facendo un seguimento dos cadernos no mapa da nosa aula para aprender daqueles lugares onde estes son enviados por novos amigos do mundo que colaboran con nós e axudan a que os nosos cadernos continuen a viaxe. Investigamos a música tradicional deses países, os seus instrumentos, as lendas e tradicións, pero tamén estamos aprendendo que nos países onde mais dificultades teñen, as ensinanzas artísticas son unha ferramenta contra a violencia e outros problemas de conduta social e existen asociacións preocupadas porque os grupos mais desfavorecidos socialmente sexan os primeiros en recibir formación musical.

O alumnado tamén está tomando consciencia da situación de globalización na que está a música de consumo habitual en radio de diferentes partes do mundo, onde as letras, moitas con carácter machista e pobres de contido, con acompañamento musical mecanizado, pisan ás músicas tradicionais de gran calidade e valor histórico e organolóxico que grupos mais reducidos loitan por conservar, fronte ao consumo globalizado de música comercial.

Seguimos a nosa viaxe aprendendo e agardamos que algún destes sete cadernos musicais, regrese a Guitiriz no mes de Abril, mentres tanto seguiremos aprendendo a través das viaxes dos nosos cadernos e soñando con visitar algún deses lugares nalgunha ocasión e asistir a escoitar esas músicas con fortes raíces.
... Ler máisLer menos

31/10/17

SAMAÍN
Concurso de cabazas na biblioteca
... Ler máisLer menos

Ver máis

Ver máis