A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Día das Letras Galegas 2014 para Díaz Castro!

A Real Academia Galega, en sesión celebrada o 22 de xuño de 2013, acordou adicar o Día das Letras Galegas do 2014 ao poeta de Guitiriz Xosé María Díaz Castro.

A comunidade educativa do Instituto de Ensino Secundario desta localidade lucense, que tanta ilusión e traballo puxo na consecución deste obxectivo, viu así satisfeitas as súas expectativas e agora, con máis ilusión e traballo, lánzanse a preparar un feixe de actividades para dar a coñecer a figura e a obra do seu ilustre conveciño.

Todo este traballo aparecerá reflectivo e accesible nesta mesma web (www.alusdomundo.com).