A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Estrea do roteiro por Guitiriz

  • Data
    20 de Xuño de 2015
  • Texto
    Zaira Sánchez, Aida Cobas
  • Fotografía
    David Quintián
  • Compartir en
    facebook, twitter
  • Unha das actividades do roteiro ten lugar na estación de tren
  • Na Casa das Palabras celebramos un bingo co léxico de Díaz Castro
  • O roteiro é un percorrido polos lugares emblemáticos de Guitiriz
1/3

No mes de xuño os alumnos do IES estrearon por primeira vez  o roteiro “Fábrica de poetas” polo pobo, despois de practicalo durante todo o inverno e aportar cada un algo, decidiron facer un ensaio para ver como era dende o punto de vista externo. Practicárono cuns compañeiros que xa tiñan experiencia con outro roteiro para que despois saíra ben con rapaces de fora do centro. Entre todos formaron o persoal de loxística, guías e anfitrións, participando todos e sen deixar a ninguén de lado.