A lus do mundo

Tralas pegadas de Díaz Castro — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Imaxes para Díaz Castro

  • Data
    12 de Xuño de 2014
  • Texto
    Elena Haz
  • Fotografía
    Alumnado 4º ESO
  • Vídeo
    Biblioteca IES Poeta Díaz Castro
  • Descargas
    PDF
  • Compartir en
    facebook, twitter
  • https://www.youtube.com/watch?v=dB5m3c33v50

    Vídeo realizado coas fotografías do roteiro

A través da guía da profesora de Educación Plástica do IES Poeta Díaz Castro, Nuria Pena, e coa colaboración do fotógrafo Vari Caramés, os alumnos do centro participaron no proxecto Fotografía en curso, unha iniciativa incluida no Plan Proxecta da Consellería de Educación, e que se engloba dentro das diversas homenaxes ao autor conmemorado nas Letras Galegas ’14.

O traballo, desenvolvido ao longo do curso 13/14, pretende pór en valor a conexión do poeta guitiricense coa sua terra. O resultado final callou na publicación dun álbum editado pola área de cultura da Deputación de Lugo, e nun vídeo conmemorativo realizado pola biblioteca do centro con música da tamén profesora do centro, Sandra Tenreiro.