A lus do mundo

Tralas pegadas de Díaz Castro — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Primeira visita guiada no Vilariño

  • Data
    20 de Novembro de 2015
  • Texto
    Aula 3º A
  • Fotografía
    Lucía Campos
  • Descargas
    PDF
  • Compartir en
    facebook, twitter
  • O IES Rosalía de Castro de Santiago foi o primeiro visitante do noso roteiro
  • Os visitantes foron distribuidos en grupos con versos de Díaz Castro
  • Para moitos era a primeira vez nunha aldea da chaira lucense
  • Ós visitantes sorprendéronlles as actividades e as explicacións
  • Os santiagueses trouxeron uns doces para os seus anfitrións de Guitiriz
1/5

O xoves 19 de novembro de 2015, os alumnos de 3º de ESO do IES Poeta Díaz Castro estrearon ante un público descoñecido o seu roteiro interactivo “Un neno da aldea”. Foi co alumnado do Ciclo Superior de Turismo do Instituto Rosalía de Castro de Santiago, que viaxou ata o Vilariño para aprender máis sobre Díaz Castro e a época na que viviu.

Os compañeiros de Santiago pasaron a mañá facendo xogos e actividades pola vila relacionadas con Díaz Castro, pero para iso tamén tiveron que a atender algunha explicación que outra. Os nervios non faltaron, pero os rapaces e rapazas de Guitiriz conseguiron desenvolver ben a actividade e atrapar a atención dos compañeiros do instituto de Rosalía de Castro, que trouxeran uns doces para o equipo de A Lus do Mundo. A primeira proba do roteiro consistiu en xuntar versos para facer os grupos. Unha das anfitrionas asegurou que: “Menos mal que tiñan sentido común, porque os versos non os sabían.”

Nas paradas, aparte dalgúns pequenos inconvenientes, todo saiu moi ben. Aínda que xa son adultos, os de Santiago disfrutaron coma nenos das actividades e xogos que tiveron que facer; como calcular a idade das árbores, desvelar o crime dos sucos etc. Tamén quedaron sorprendidos coa explicación das paradas e como se desenvolvían os rapaces. A mañá transcorreu con risas e sobre todo, aprendizaxe. Ao final, para despedirse, os dous institutos fixeron un xogo onde participaron os profesores, e cantaron unha canción dun poema do protagonista de todo isto, Díaz Castro.