A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Visitas guiadas polo alumnado

  • Reportaxe da Fundación TIC sobre o roteiro «A fábrica de poetas»
  • O alumnado é tamén o guía do roteiro «Un neno de aldea» polo Vilariño
1/2

Os roteiros sobre Díaz Castro que poden percorrerse de forma virtual nesta plataforma, teñen tamén unha versión en directo. Son visitas guiadas polo propio alumnado do centro, que se encarga de recibir, acompañar e coordinar as actividades propostas en cada parada.

Son os roteiros Un neno de aldea polo Vilariño dos Cregos, e A fábrica de poetas, por Guitiriz.