A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Titorial «A fábrica de poetas»

  • Alberto, Dani e David explican a actividade de benvida de «A fábrica de poetas»

MATERIAIS NECESARIOS

  • As follas cos versos para ubicar polo IES
  • Celo para pegar os versos
  • Mapas do IES con pegatinas de ubicación dos versos
  • Guías para estar ó lado de cada verso
  • Un exemplar de Nimbos
  • Os pasaportes de 3 cores (1 por grupo)
  • Os bolígrafos co cordel
  • 3 Mapas do roteiro, (1 por grupo)
  • Manual parada 01

NOTAS

  • Antes de que cheguen os visitantes teñen que estar os versos pegados e os guías ubicados
  • Recibímos os visitantes no exterior, que se acheguen a nós para que escoiten mellor.
  • Para dividilos en grupos poñémolos en 2 filas e repartimos un mapa a cada 3 ou 4 persoas
  • Os guías deben de estar pendentes do remate da actividade.
  • Ter preparado nunha mesa celo e os pasaportes para que peguen o verso e colocar o selo.

PASO A PASO

  1. Preparar o set dos pasaportes (coordinado co equipo de loxística)
  2. Decidir que puntos se empregan no xogo e disponibilidade do espazo
  3. Imprimir os versos, recortalos e pegalos nas posicións
  4. Ubicar as posicións no mapa plastificado
  5. Repartir as posicións entre o equipo do roteiro para que se sitúen
  6. Os anfitrións reciben o grupo nas escaleiras exteriores ou no vestíbulo
  7. Introdución e explicación da actividade.
  8. Dividimos os visitantes en grupos de tres / cinco e dámoslles o mapa
  9. En cada posición o grupo recita o verso ó unísono e colle un papel
  10. O punto de reunión ó rematar é o vestíbulo. facemos a conclusión.
  11. Repartímoslles o pasaporte en 2/3 cores e poden pegar un verso cada un
  12. Cada grupo queda formado pola cor do pasaporte, reciben o selo e o mapa
  13. Facemos foto de grupo e sae cada grupo cos guías da súa primeira parada
  14. O resto de guías van ás súas paradas
  15. Os guías da parada 1, loxística e comunicación acompañan de anfitrións

PRESENTACIÓN

Benvidos ó Instituto de Guitiriz. Como xa sabedes este centro chámase Poeta Díaz Castro que era de aquí, de Guitiriz, e a quen se lle dedicou o día das Letras Galegas no ano 2014. Ese ano foi tamén o centenario do seu nacemento e fixemos moitas actividades para comprender o seu mundo literario. A maioría desas actividades podedes atopalas na web A Lus do Mundo, onde temos vídeos, música e tamén roteiros virtuais.

 

ACTIVIDADE

Pero xa que estades aquí, o que vos propoñemos é un roteiro literario por Guitiriz, que comeza aquí no noso Instituto, cunha colleita de versos. Imos entregarvos un mapa do Instituto con puntos marcados onde atoparedes versos pegados na parede cun compañeiro noso ó lado.

Iredes en grupos e tedes que recitalo en voz alta para poder arrincalos. Cada grupo ten que recoller ao menos tres versos diferentes. Cando cheguedes a un posto, se está ocupado, podedes ir a outro ou agardar. Intentade non facer moito barullo xa que hai xente nas aulas.

Tedes 10 minutos para facer a actividade e vémonos no hall. A colleitar versos!

CONCLUSIÓN

Todos os versos que tedes na man pertencen a poemas de Nimbos, o único libro que Díaz Castro publicou en vida. Son 33 poemas que representan moi ben o rural galego no que naceu, rodeado de natureza e mística. Moitos de nós vivimos en aldeas moi parecidas á de Díaz Castro pero non sabemos se seremos escritores como el.

E vós? Seredes escritores? Hoxe podedes decidilo xa que este roteiro que acabades de comezar é unha fábrica de poetas que precisa dun pasaporte. Cando volo entreguemos poñede o voso nome e pegade un dos versos dos que colleitastes, despois pasade a que vos poñan o selo o voso acceso.

Agora, vedes que estades divididos en grupos por cores. Cada grupo levará un mapa e fará o seu percorrido acompañado dun anfitrión. (O anfitrión entrégalle o mapa ó seu grupo) Agora, si, benvidos e boa viaxe poética!