A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Descubrir a Díaz Castro

¿un poeta nace ou faise?

Esta actividade está pensada para presentar ó poeta por vez primeira empregando o documental A lus do mundo e traballando despois sobre o seu contido. Podedes descargar en PDF listo para proxectar con enlaces:

Se preferides facer a actividade dende a web. O primeiro é ver o documental e despois ir resolvendo as preguntas e xogos que propoñemos.

¿QUE SABEMOS DE DÍAZ CASTRO?

  • ¿Onde naceu?
  • ¿Cantas linguas falaba?
  • ¿A que se adicaba?
  • ¿Cantos libros publicou?
  • ¿Escribiu máis?
  • ¿Que é un nimbo?

¿QUEN O DIXO?

  • “A infancia é a patria dun, son as raíces e queirámolo ou non, van con nós”
  • “A poesía é como agarrar a vida e dicir: eh! que nós estamos aquí e estamos pensando e sentindo isto… ”
  • “Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move”
  • “Protagonista sen querer selo, cantos silencios nos contamos, e tan solitario, el pensa que non o escoitamos… ”

¿CAL FOI A PREGUNTA?

  • “El quería ser un poeta en galego, apostou polo noso idioma”
  • “Que faga un autor imprescindible da nosa literatura a un home dun so libro, é porque este libro é moi poderoso… ”
  • “Viñamos da ditadura, daquela noite escura […] e ler en galego ás veces convertíase nun desafío”
  • “Pois, porque somos o país do mundo –e dígoo así– que mesmo se quere a sí mesmo”

¿QUE RESPONDERÍAS TI?

  • ¿Un poeta nace ou faise? ¿Por que?
  • ¿Como foi a infancia dos teus avós?
  • Describe un lugar poético ¿Por que ese?
  • ¿Onde ves ti nimbos de luz?

 

¿SOMOS POETAS?

¿SABEMOS RIMAR?

¿ATOPÁMOSLLE O SENTIDO?

 

E para rematar… cantamos?