A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

A paisaxe do medo

PRESENTACIÓN

O alumnado de 2º de ESO, dentro da materia Paisaxe, participou dunha sesión de coñecemento dos efectos devastadores dos últimos lumes do outono.

 

CLAVES

  • MATERIAS:Indicado para valores, paisaxe.
  • CONTIDOS: Educación emocional, aprendizaxe de valores, sentido de pertenza, valoración da contorna
  • SESIÓNS: Para desenvolver en 1 ou 2 sesións máximo.
  • NECESIDADES: Canón para visualizar o documento introdutorio
  • SINERXIAS: Calquera proxecto de centro que teña a contorna como escenario.

OBXECTIVOS

  • Descubrir a paisaxe como un escenario vivo para o noso desenvolvemento social, económico e afectivo.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Despois da presentación do proxecto As Cores, descubrimos O Medo como unha das emocións que nos embarga, ás veces. Por iso, é un dos estados emocionais que iremos traballando ao longo do curso.

O inicio do outono continúa cunha vaga de incendios que arrasan a nosa paisaxe, causando desolación nalgunhas vilas da montaña luguesa, entre outros lugares.

Preguntámonos… de que cor é o medo para as persoas que viven un lume?

02. DESENVOLVEMENTO

Contamos coa experiencia de Rubén Iglesias Seoane, un alumno da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo que, ademais, loita contra o lume nunha brigada antiincendios durante os veráns.

Nos últimos meses o seu compromiso co ensino levouno a artellar un traballo de eduación emocional en relación co valor que supón a contorna á que se pertence no CEIP de Lousada. Este traballo didáctico é transferible a outros territorios e outros sentimentos, polo que compartiu connosco unha sesión de concienciación sobre os coidados que a terra precisa para non sufrir o loito…

  • A INTRODUCIÓN: O vídeo amosa a historia de Folliña Verde e Folliña Seca… un achegamento á natureza e un canto á vida e o seu ciclo.
  • A REALIDADE: Coñecer a historia de familias afectadas polo lume foi algo que influíu no grupo de alumnos de primaria que Rubén introduciu nesta experiencia. Para eles, foi imprescindible compartir  cos afectados e realizar mostras do seu sentir. Un exemplo de empatía e solidariedade…
  • A LOITA: Rubén ensinou como era a vida do brigadista antilume cando desenvolve este traballo que, habitualmente, só vemos nos telexornais. A proximidade da calor, a impotencia… o medo…

03. AVALIACIÓN

O alumnado realizou pequenas mostras de solidariedade coas persoas coñecidas no devastado Cervantes lucense coa técnica escrita ou artística que considerou oportuna.

Desde a materia de Paisaxe, reflexionouse e debatiuse sobre o tema.