A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Titorial de «Sopa de versos»

  • Uxía e Thalía explican os detalles desta actividade que sirve como benvida ó roteiro

MATERIAIS

PASO A PASO

  1. Calcular cantas tarxetas temos que dar para facer grupos equilibrados
  2. Repartir a solución dos versos ós anfitrións
  3. Presentación no bus
  4. Indicarlles que teñen que ir á capela a resolver o xogo cos anfitrións
  5. Repartir as tarxetas mentres saen do bus alternando cores
  6. Axudarlles fronte a capela a formar os versos
  7. Facemos un círculo e que cada grupo de tres diga o seu verso en alto
  8. Explicamos a conclusión do xogo e os obxectivos da visita
  9. Anunciamos que as cores son os grupos e dámoslles o mapa
  10. Despedímolos dándolles a benvida a aldea do neno pepe
  11. Recollemos o material

NOTAS

  • As tarxetas son de 4 cores para dividir os visitantes en 4 grupos e que podan facer as actividades do roiteiro de forma simultánea.
  • Hai 60 tarxetas. Cando decidamos en cantos grupos dividimos os grupos seleccionamos os versos necesarios de cada cor para facer o xogo e que os grupos queden compensados.
  • O ideal é que nos xogos haxa un mínimo de 8 persoas, poloq ue se os visitantes son poucos eliminamos cores para que haxa so 2 ou 3 grupos
  • Se o número de participantes non é múltiplo de tres os guías desta parada collen o verso sobrante e únense ó xogo
  • Non entregamos os mapas ata o final da conclusión para que estean expectantes.

PRESENTACIÓN

Pode un neno de aldea ser poeta? De seguro que si e Xosé María Díaz Castro foi un exemplo. Naceu en 1914 no Vilariño dos Cregos, en Guitiriz. Creceu na aldea, onde lle chamaban o neno Pepe. Despois foise estudar ó seminario a Mondoñedo e viviu en Vilagarcía e Madrid, pero sempre que podía volvía ó Vilariño, o lugar que lle inspirou versos como os que están nas tarxetas deste xogo.

A Lus do mundo_Sopa de letras_02

ACTIVIDADE

Imos repartir unha tarxeta a cada participante. Nelas están algúns dos versos máis famosos de Díaz Castro divididos en tres partes. Cada unha das tarxetas ten unha parte dun verso. Hai que atopar as dúas tarxetas que completan o voso verso. As cores e os números son unha pista para axudarvos a formalos. Por exemplo, se vos toca un amarelo 2, tedes que atopar o amarelo 1 e 3.

A Lus do mundo_Sopa de letras_01

CONCLUSIÓN

Os versos que formamos son parte do poemario Nimbos, o único libro que Díaz Castro publicou en vida, xa que no 2014, cando se lle adicou o Día das Letras Galegas, publicáronse algúns poemas inéditos. Entre eles había versos da súa infancia que escribiu na aldea do Vilariño, inspirado polo mundo rural no que creceu.

Imos coñecer a súa aldea imaxinando como era hai cen anos, cando el era aínda “o neno Pepe”. Para iso dividímonos en grupos e cada cor seguirá o itinerario marcado neste mapa. En cada parada marcada no mapa haberá un guía que vos proporá xogos e un anfitrión axudaravos en todo o percorrido.

Antes de partir o noso equipo de comunicación fará unha foto de cada grupo. Agora si, benvidos á ALDEA DO NENO PEPE!