A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

As árbores do neno Pepe

Plano Aira dos Coira_FINAL
A proposta que se fai a continuación ten por obxectivo identificar as árbores máis destacadas da finca posterior onde está situada a casa familiar do poeta, no Vilariño.

Ó inicio da actividade, o monitor entrega unha ficha a cada visitante (.pdf 860kb). Por unha cara encontrarán datos acerca de oito especies de árbores que están presentes na devandita finca. Eses datos serán: o nome científico de cada especie, o nome común (en galego e castelán), a imaxe real do porte de cada árbore e a imaxe real de cada folla. Pola outra cara dispoñerán dun pequeno plano do terreo, onde aparece a localización de cada árbore, así como unha clave onde se clasifican as follas segundo a súa morfoloxía.

Os rapaces terán que percorrer o terreo e observar as árbores alí presentes para completar a ficha. Deben:

  • Localizar cal é cada unha das árbores da ficha coa axuda do plano e as fotos: tan só deben cubrir na ficha o número que teña asignado esa especie no plano.
  • Indicar o tipo de folla de cada árbore: caduca ou perenne.
  • Clasificar cada tipo de folla coa axuda da clave: lineais, serradas, lobuladas.

Os monitores contarán con información adicional (.pdf 855kb): uso principal de cada árbore, as zonas onde habitan, curiosidades… de modo que poidan xustificar o “microuniverso de sustentabilidade” que supoñía ter esas especies tan cerca do fogar.

 

DATOS XERAIS DE CADA ÁRBORE

A vexetación arbórea autóctona está formada por carballos e bidueiros que conforman unha paisaxe cobreada de gran beleza en outono. Non obstante está en franca recesión debido á súa substitución con repoboacións de especies de crecemento rápido como o eucalipto e o piñeiro.

. Prunus salicina (ameixeira japónica):

As-pegadas-Diaz-Castro_folla-ameixeira

Pertence á familia das rosáceas. É unha especie froiteira cultivada dende antigo. Hai dous grandes grupos de variedades cultivadas de ameixeiras: as denominadas europeas (Prunus domestica) e as asiáticas (Prunus salicina). A variedade asiática pódese cultivar en zonas menos frías e son máis precoces. O froito ten propiedades laxantes e consúmese fresco ou desecado. O aceite da súa semente úsase como alimento.

. Ilex aquifolium (acivro):

As-pegadas-Diaz-Castro_folla-acivro

Habita en zonas sombrías de bosques caducifolios sobre solos ácidos. Máis abundante na parte oriental de Galicia onde chega a formar pequenos bosques. Utilizada como especie ornamental en parques e xardíns. Forma parte da tradición decorativa do Nadal tras substituír ao visgo (considerado pagán polo catolicismo). Follas de cor verde brillante polo feixe e verde amarelento mate polo envés, totalmente lampiñas (sen pelos), moi ríxidas e coriáceas.

. Acer pseudoplatanus (pradairo):

Utilízase como ornamental en paseos, estradas, parques e xardíns. Grazas á súa poda e á súa capacidade de unirse polas ramas crean interesantes efectos de arcos naturais cando se encontran sen follas. Habita en solos fértiles e profundos de bosques caducifolios e vales. A súa dura madeira é moi estimada por ebanistas e torneiros.

. Malus domestica (maceira):

As-pegadas-Diaz-Castro_folla-maceira

Pertence á familia das rosáceas. É unha árbore moi estendida polo seu uso ornamental e froiteiro. A súa madeira, dura e cun lixeiro brillo, é utilizada na artesanía (gravado, escultura e ebanistería de luxo). Non moi abundante, só aparece nas fragas da parte oriental de Galicia. O froito úsase na elaboración de sidra.

. Cupressus sempervirens (ciprés común):

As-pegadas-Diaz-Castro_folla-cipres

Conífera que pode alcanzar os 30 metros de altura. A forma da copa é de aspecto compacto e estreito. As flores femininas forman pequenas piñas ou conos de cor gris verdosa de 2 a 3 cm de diámetro. As masculinas son cilíndricas de ton amarelento entre 3 e 5 mm de longo. Cultivouse extensamente como árbore ornamental e adóitase plantar en xardíns e cemiterios. Estúdase actualmente a súa resistencia ao lume (en 2012 un lume devastou 20.000 hectáreas na localidade valenciana de Andilla e no medio da paisaxe calcinada quedou un grupo de 946 cipreses).

. Eucalyptus sp. (eucalipto):

As-pegadas-Diaz-Castro_folla-eucalipto

O eucalipto foi introducido en Galicia en 1860 polo seu valor ornamental dado o seu gran porte. Actualmente ocupa unha ancha franxa costeira que penetra nas bacías dos ríos Miño e Sil, chegando a constituír un elemento máis da paisaxe galega. Utilizouse na reforestación por ser unha especie de crecemento rápido. É das especies máis produtivas en cantidade de madeira e moi utilizada nas plantacións forestais para a industria papeleira. A maioría dos eucaliptos non toleran as xeadas, ou toleran lixeiras xeadas de ata -5 oC. Ten usos medicinais polas súas propiedades balsámicas e antisépticas, utilizándose contra a bronquite e os catarros en forma de infusión ou en inhalacións.

. Quercus robur (carballo):

As-pegadas-Diaz-Castro_folla-Carballo

Árbore máis típica de Galicia, a pesar de estar en franca regresión. Habita en bosques caducifolios en terreos profundos, frescos e soltos. Posúe gran valor ornamental e paisaxístico. A madeira é moi utilizada na construción naval, fabricación de travesas de ferrocarril, carpintería e ebanistería. Produce un carbón de calidade. A cortiza contén taninos de utilidade para curtir peles.

. Taxus baccata (teixo):

As-pegadas-Diaz-Castro_folla-teixo

É unha conífera que se atopa nas fragas de montaña da parte oriental de Galicia. Moi utilizada como ornamental. A madeira é moi apreciada en ebanistería. Toda a planta é moi tóxica por conter o alcaloide taxina (só falta na envoltura carnosa da semente para posibilitar a súa dispersión polas aves. Recentemente empregada para extraer un composto de propiedades antitumorais (taxol). É unha especie en franca regresión que precisa de urxente protección.