A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

As cores da Guerra

  • Nerys
  • Charles
  • Nicolai
  • Svetlana
  • Markus
  • Annika
  • Bastian
  • Grette
  • Louis
  • Annette
  • Raphael
  • Philipa
1/14

PRESENTACIÓN

Meterse na pel dos homes e mulleres que viviron  A Gran Guerra. Isto foi a que fixemos na clase de Historia de 1º de BAC onde recreamos historias reais ou inventadas entre os soldados e as súas mulleres, noivas nais irmás.

A proposta consistíu en imaxinar unha personaxe e a súa vida vinculándoa cun contexto real para dotalo de credibilidade e facer un exercicio de falso documental que nos axude a entender a época que viviron.

 

CLAVES

  • MATERIAS: Historia
  • CONTIDOS: Coñecer a época da Gran Guerra.
  • SESIÓNS: varias ao longo dun trimestre, en función da dedicación ao audiovisual.
  • NECESIDADES: Software para edición de vídeo e equipo de gravación.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Crear os personaxes da historia, localizalos, deseñar a súa vida e historia persoal.

02. DESENVOLVEMENTO

Establecer unha relación epistolar entre o soldado que está na Gran Guerra e alguén que o espera na súa casa: a muller, a irmá, a nai…

 

03. AVALIACIÓN

Avalíase a calidade de documentación, guión e calidade técnica das vídeo-cartas elaboradas.

EXPERIENCIAS

É moi interesante ver a motivación do alumnado cando ven o resultado nunha linguaxe máis amable coa súa xeneración, como é a audiovisual.

 

ACCESO AO MAPA INTERACTIVO