A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Cores, emocións e personaxes.

  • As cores das emocións no deseño de personaxes
1/7

PRESENTACIÓN

Na asignatura de Plástica o alumnado desenvolveu unha serie de actividades relacionadas coas cores no deseño de persoaxes, traballando as expresións faciais e o mesmo tempo analizando o poder das cores para trasmitir emocións e sentimentos.
Con esta proposta o que se pretende é comprobar a importancia das cores na imaxe e as distintas percepcións que se poden obter.
O grupo de 4º ESO traballou a partir do gráfico elaborado no centro sobre as emocións e as cores, creando distintas persoaxes para cada emoción.
En 1º ESO deseñaron individualmente persoaxes , trasmitindo emocións a través das expresións faciais e as cores. Exposición final no pasillo do centro.

 

 

CLAVES

  • MATERIAS: Educación plástica e visual
  • CONTIDOS: Expresividade, creatividade, análisis das formas e das cores, uso de distintas técnicas plásticas, traballo en equipo, control do tempo.
  • SESIÓNS: 6 sesións en total. 2 sesións para elaboración de bocetos previos e 4 sesións para traballo final de debuxo e pintura
  • NECESIDADES: Forma parte do contido avaliable da materia (20% da nota global)

OBXECTIVOS

  • Reflexionar sobre a expresividade das cores.
  • Exteriorizar as emocións con imaxes gráficas e cores.
  • Desarrollar a creatividade.
  • Coñecemento de distintas técnicas gráfico-plásticas.
  • Traballar en equipo

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Idear o proxecto e trasladarlle a proposta ao alumnado. Proceso previo de aprendizaxe sobre deseño de personaxes.

02. DESENVOLVEMENTO

4ºESO: Realización de bocetos previos a lápis para abordar o proxecto, tendo en conta os espazos valeiros do gráfico para deseñar as persoaxes. Buscar información sobre expresións faciais e crear deseños únicos e orixinais .Traballo final con distintas técnicas: témperas, rotuladores, ceras…

1ºESO: exercicios previos de distintos persoaxes e análise de como cambian as caras según as emoción que transmiten. Realización individual con rotulador negro nun formato A3 do deseño da persoaxe elexida .As cores que se empregaron tiñan que ir acorde coa expresión , a técnica para o pelo foi usando unha palliña e soprando pintura moi diluida, para crear resultados moi expresivos e creativos.
Finalmente traballaron en equipo para montar a exposición deste proxecto.

03. AVALIACIÓN

  • Observar o desenvolvemento da actividade.
  • Valorar o traballo en equipo.
  • Puntuar o resultado final.

EXPERIENCIAS

Ver as imaxes realizadas durante o desenvolvemento da actividade e o resultado final do gráfico e da exposición.

O alumnado foi capaz de asimilar a importancia das cores , non solo a nivel plástico se non tamén a nivel emotivo.
O traballo en equipo foi moi productivo, nos 3 grupos (1ºA,1ºB e 4º).