A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

As cores das emocións

  • Proxecto
    As cores
  • Autoría
    Susana Vázquez Regueiro
  • Duración
    Tres semanas
  • Ideal para
    Expresar emocións e vinculalas con situacións da vida diaria, participando en comunidade.
  • Materias
    Titoría
  • Cursos
    Todos
  • Compartir en
    facebook, twitter
  • Panel completo
  • Panel completo
  • O medo é vermello
  • Iniciando a tarefa
  • Comezamos?
1/5

PRESENTACIÓN

Desde as titorías, quixemos encontrar un xeito plástico para visibilizar as emocións e comentar, desde os puntos de vista de toda a comunidade educativa, os valores da educación emocional.

Esta liña de traballo pretendeu ser a presentación do tema “As Cores”, co que se traballará durante todo o curso no instituto, incardinando todas as materias.

CLAVES

  • MATERIAS: Titorías
  • CONTIDOS: Educación emocional, empatía, socialización, participación, tolerancia, apertura, oralidade, argumentación, motivación.
  • SESIÓNS: Unha sesión inicial de traballo en titoría, outra sesión para patrticipación colectiva, unha última de análise da experiencia.
  • NECESIDADES: Participación de toda a comunidade educativa nos proxectos de centro.
  • SINERXIAS: As cores pretende ser a liña vehicular para os proxectos no curso 2017/18.

OBXECTIVOS

  • Visibilizar as emocións en diferentes ambientes
  • Vincular as emocións con estados de ánimo compartidos
  • Participar na vida da comunidade
  • Argumentar
  • Desenvolver a capacidade de escoita activa e da empatía

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Desde a Comisión de Competencias, en colaboración co Departamento de Orientación, convídase a todos os titores para participar nunha identificación da cor que, como comunidade, asociamos coas emocións básicas.

Para iso, prepárase documentación para cada titoría e un taboleiro, na entrada do centro, no que hai un espazo determinado para cada unha das seis emocións elixidas. Igualmente, proporciónanse gomets de todas as cores para encher as emocións, segundo a elección previa, traballada na primeira sesión de titoría.

02. DESENVOLVEMENTO

Todo o alumnado, nunha primeira sesión, é informado do obxectivo e do que se lle solicita que faga. Hai un primeiro achegamento ás emocións e comeza a rolda de expresións orais que motivan a selección de cada cor asociada a cada unha das emocións propostas.

Na segunda sesión, o alumnado debe acceder ao taboleiro da entrada, onde colocará un gomet da cor elixida en cada unha das emocións propostas.

Finalizado o proceso por toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e persoal non docente do centro), proponse, desde a sesión de titoría, unha análise do produto social obtido.

03. AVALIACIÓN

A avaliación do proceso é desenvolvida por profesorado e alumnado, en sesións conxuntas. Da súa pertinencia extráese que os resultados obtidos poden dar lugar a outros produtos relevantes. Por iso, propóñense liñas de traballo que derivan desta: Expresión plástica da experiencia, Invitación para esta actividade a profesionais relacionados coa comunidade educativa…