A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

As cores dos alimentos

  • Proxecto
    As cores
  • Autoría
    Nuria Sánchez Moreno
  • Duración
    6 sesións
  • Ideal para
    Concienciar ó alumnado da importancia e repercusión que ten nas súas vidas unha correcta alimentación.
  • Materias
    Bioloxía
  • Cursos
    3º de ESO
  • Compartir en
    facebook, twitter
1/2

PRESENTACIÓN

O alumnado do PMAR de 3º de ESO  realiza un traballo sobre a presenza  das distintas cores nos alimentos que consumimos a diario.

CLAVES

  • MATERIAS: indicado para Bioloxía.
  • CONTIDOS: gardan relación co tema de nutrición. Traballamos varios aspectos: enfermidades nutricionais frecuentes na adolescencia, porcentaxes recomendadas dos distintos nutrientes a esas idades, as cores dos alimentos e a orixe dos alimentos.
  • SESIÓNS: catro sesións para recopiar información, elaborar un guión e preparar o material necesario para expoñer o traballo. Dúas horas repartidas en tempos de 15-20 minutos por grupo para mostrar o traballo ós compañeiros.
  • NECESIDADES: oordenadores para facer a busca na internet, cartón para elaborar os carteis, alimentos frescos e outros elaborados a partir de imaxes para montar unha mostra representativa dos principais grupos, mapamundi  para situar distintos alimentos segundo a súa orixe.
  • SINERXIAS: colaboración da profesora de Pedagoxía  Terapéutica para elaborar material sinxelo,  con determinados alumnos, que será usado na exposición do proxecto.

OBXECTIVOS

  • Desenvolver as competencias do alumnado de busca de información fiable e contrastada na internet.
  • Afianzar contidos esenciais para a materia de bioloxía de 3º de ESO.
  • Contribuír á elaboración de material que será útil en posteriores cursos para poñer en práctica estes contidos.
  • Mellorar as súas destrezas dirixindo unha actividade cara ó público.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Dedicamos tres sesións para buscar a información necesaria e elaborar un guión repartindo as actividades entre os alumnos.

02. DESENVOLVEMENTO

Durante dous sesións elaboramos o material necesario (carteis, imaxes de alimentos, rosco para o pasapalabra…) para o día da exposición. Tamén facemos unha lista dos alimentos frescos que queremos mostrar de modo que cada alumno se compromete a traer varios deles. Dedicamos unha sesión final a facer un ensaio xeral para cronometrar o tempo e poder corrixir posibles deficiencias na exposición. A continuación, podes acceder ao guión:

 

03. AVALIACIÓN

Un punto para cada alumno no que se terá en conta: a implicación no proxecto, a calidade da información atopada na internet, a presentación e a capacidade de exposición cara ós compañeiros.

EXPERIENCIAS

O  proxecto ponse en práctica co resto de alumnado de ESO . O nivel dos contidos adaptouse para que puidese abarcar todos os cursos cos que se traballou.