A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Booktubers da literatura universal

  • Marta comenta «A Metamorfosis», de Franz Kafka
  • Brais comenta «A Metamorfosis», de Franz Kafka
  • Cristóbal comenta «Frankestein» de Mary Shelley
  • David comenta «A Metamorfosis», de Franz Kafka
  • Jesús comenta «A Metamorfosis», de Franz Kafka
  • Sara comenta «A Metamorfosis», de Franz Kafka
  • Claudia comenta «A Metamorfosis», de Franz Kafka
1/7

PRESENTACIÓN

Nas materias relacionadas co ámbito literario (Literatura Universal, Lingua e Literatura Galega, Lingua e Literatura Castelá) realízanse normalmente actividades de avaliación das lecturas feitas polo alumnado que consisten en probas ou traballos escritos seguindo una serie de pautas (resumo, personaxes, espazo, tempo, recursos literarios, etc…).

Con esta proposta o que se pretende é cambiar o formato desta proba por un máis actual e atractivo para o alumno: facer un pequeno vídeo de presentación da obra lida onde, o que se lle pide, é que faga unha síntese oral do seu contido pero tamén unha valoración persoal da obra. O modelo a seguir será o dos booktubers, fenómeno que conecta as novas tecnoloxías coa paixón pola lectura, e que cada vez ten máis seguidores entre a xente nova.

Este proxecto desenvolveuse na materia de Literatura Universal de 1º BAC co obxectivo de avaliar de forma oral as diferentes lecturas obrigatorias que fai o alumnado ao longo do curso.

CLAVES

  • MATERIAS: Literatura Universal, Lingua e Literatura Castelá, Lingua e Literatura Galega.
  • CONTIDOS: expresividade, dicción, precisión da linguaxe, comprensión de contido, motivación e empatía, capacidade de síntese e control do tempo
  • SESIÓNS: 1 sesión inicial para ver diferentes vídeos de booktubers e comentalos, 2  sesións de preparación dos textos que se van expoñer oralmente no vídeo e 2 sesións de gravación (o alumnado pode gravarse na casa).
  • NECESIDADES: forma parte do contido avaliable da materia dentro do apartado correspondente ao traballo individual (20% da nota global)
  • PROXECTOS RELACIONADOS: está en conexión con todas as actividades baseadas na oralidade: recitado de poesía, presentación de conferencias, roteiros guiados, vídeo titoriais e tamén coa comprensión de textos escritos e orais.

OBXECTIVOS

  • Practicar a comprensión escrita
  • Practicar a expresión oral
  • Realizar textos expositivos e argumentativos
  • Valorar criticamente obras literarias de todas as épocas
  • Iniciarse na linguaxe audiovisual
  • Seleccionar contidos relevantes
  • Relacionar obras literarias de diferentes épocas polo seu contido e forma.

PASO A PASO

PREPARATIVOS

  • Como actividade inicial realízase a lectura dun artigo xornalístico onde se analizan as razóns do éxito que ten o fenómeno dos booktubers

DESENVOLVEMENTO

  • Visionado dun booktuber no que se fale dunha obra estudiada na clase para que os alumnos analicen que aspectos da obra se tratan e como se estrutura a información para enganchar ós espectadores e conseguir que se interesen por esa obra. Por exemplo, Madame Bovary de Flaubert.
  • Elaborar de forma colectiva o guión que deberán seguir para realizar os seus vídeos:
    • Presentación
    • Breve reseña do autor
    • Tema da obra
    • Personaxes relevantes
    • Fragmentos especialmente significativos
    • Relación con outras obras da mesma ou doutras épocas
    • Valoración persoal
    • Cita relevante que serva de conclusión

AVALIACIÓN

  • Co-avaliación entre alumnado e profesorado cun esquema de rúbricas. Os alumnos puntuarán ós vídeos do seus compañeiros co mesmo sistema de rúbricas que o profesor.