A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Chegaremos xuntos

  • O videoclip de «Chegaremos xuntos» é unha proposta motivacional

Hai unha estrela no teu interior é un proxecto audiovisual creado na aula de músicapara traballar a educación en valores a través da música e o deporte, en colaboración co departamento de Educación Física. Para iso creouse a canción “Chegaremos xuntos”, como un himno adicado ó deporte galego composto pola profesora de música Sandra Tenreiro Doldán interpretado e gravado polo alumnado de 1º de Bacharelato no curso 2016-17.

A letra atopou a súa inspiración nos textos escritos polo alumnado de Educación Física coordinados por Noemí Fernández Pedraza, profesora de Educación Física. A canción combina o poder das ensinanzas artísticas e o deporte na educación.