A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Experto en chuletas en 5 pasos

EQUIPO

Francisco Loureiro, Olga Aguiar, María Miragaya.

SINOPSE

Trátase de que o alumnado aprenda, desenvolva e afiance as destrezas necesarias no tratamento da información, como emisor ou como receptor; de que distinga o esencial do supérfluo e de que sexa quen de organizar a información de xeito coherente e significativo.

COMO O FIXEMOS

  • Intentamos proporcionar un método de traballo para un tratamento da información o máis eficaz posible desde unha perspectiva lúdica e acorde cos intereses do alumnado utilizando como reclamo as “chuletas” ou o “método do prohibido”.
  • Escollimos a narrativa de memes porque se trata dun código visual, directo, áxil, sinxelo e moi actual, próximo ao noso alumnado.
  • Tamén o escollimos porque require moi poucas ferramentas, moi accesibles e fáciles de manexar: teléfono móbil e unha app que permita editar texto en imaxes.

QUE DIFICULTADES XURDIRON

  • Require unha gran capacidade de precisión e de síntese  na expresión e tamén unha organización da información escrupulosa, tanto no aspecto verbal como no tratamento das imaxes.

QUE OPORTUNIDADES OFRECE

  • Aplicar o principio de economía “menos é máis”.
  • Resolver con recursos accesibles, cos recursos que xa temos.
  • Aplicable a calquera tipo de contido, tema ou materia.

CLAVES

  • Botar man da imaxinación e da creatividade.
  • Utilizar ferramentas básicas, sinxelas, para que estean ao servizo da aprendizaxe e non á inversa e nos permitan centrarnos en ofrecer contidos relevantes, estimulantes e necesarios.

COMO LEVALO Ó AULA

  • Pódese facer en dúas sesións.
  • Na primeira sesión, faise a proposta de traballo (Pódese introducir esta sesión utilizando uns “memes”, por exemplo o que elaboramos aquí), organízanse os grupos de traballo e danse as instrucións pertinentes: temas, amplitude…e, por último, o alumnado empeza a traballar.
  • Na segunda sesión, rematan o traballo e faise unha posta en común coa mostra dos “memes realizados”. Coméntanse os acertos e os erros detectados no traballo de síntese e organización da información. Tamén, aspectos lingüísticos e semióticos relevantes.

IDEAL PARA

  • Ao remate de cada tema, resumir adecuadamente os contidos traballados en calquera materia.
  • Traballar as Competencias Clave: artística, lingüística, matemática, social, aprender a aprender…
  • Traballo colaborativo.
  • Aprendizaxe entre iguais.

RECURSOS

  • teléfono móbil para as fotografías.
  • App de memes para insertar texto en imaxes.
  • E para composición de escenas: imaxinación.
  • O GIF final editámolo en Photoshop pero hai outras aplicacións que permiten facelo.