A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Contaminación luminosa

  • Resumo da exposición.
  • Martin Pawler
  • Exposición
  • Charla nas aulas
  • Participación de todo o alumnado
1/5

PRESENTACIÓN

Dentro da liña de traballo As Constelacións, o instituto acollerá unha exposición sobre Contaminación Luminosa cuxa información vén enriquecer o que sabemso sobre estrelas e a súa observación e está, loxicamente, en relación directa coa posta a punto do noso telescopio.

CLAVES

  • MATERIAS: Física, Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas.
  • CONTIDOS: Contaminación lumínica.
  • SESIÓNS: Exposición durante dúas semanas.
  • NECESIDADES: Paneis cedidos pola Agrupación Astronómica Io
  • SINERXIAS: As Constelacións.

OBXECTIVOS

  • Coñecer os efectos negativos da contaminación lumínica a diferentes niveis da nosa vida.
  • Potenciar a escoita activa e a observación.
  • Buscar aplicación de coñecementos na vida diaria.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

A exposición chega a nós cedida pola  Agrupación Astronómica IO, da Coruña, que tamén se encargará de darnos a formación necesaria para aproveitala como o recurso didáctico.

02. DESENVOLVEMENTO

Os paneis da exposición estarán situados no primeiro andar do centro durante as dúas semanas que dura esta actividade. Todo o alumnado de 1º de ESO a 1º de BACH, terá acceso á exposición e tamén ás charlas organizadas ao seu pé. Destas últimas encargarase un representante da Agrupación Astronómica IO.

 

EXPERIENCIAS

Aparte das experiencias derivadas da propia aprendizaxe da exposición e da charla que a explica, que se amosa no vídeo que segue, esta experiencia sentará as bases teóricas que son precisaas para enfrontar outra das tarefas desta liña de traballo: as entrevistas a maiores da zona sobre as diferencias nos ceos nocturnos de Guitiriz, que levará a cabo o alumnado de 3º da ESO