A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Da Cantora Madan Agi_ A historia do Pergamiño Vindel

  • Vídeoclip musical
1/2

PRESENTACIÓN

Da Cantora Madan Agi. Un video clip, musical, didáctico e de atención á diversidade en lingua de signos, creado na aula de música do I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz (Lugo), para achegar a cultura da lírica galaico-portuguesa e as súas Cantigas de Amigo do trovador de Vigo, Martín Códax, á xente mais nova. Coñecer as cores da notación medieval e a influencia da súa combinación na creación audiovisual.

 

CLAVES

  • MATERIASMúsica, Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura
  • CONTIDOS: A Lírica Galaico -Portuguesa. As cantigas de amigo do trobador Martín Códax. A historia do Pergamiño Vindel a través da interpretación musical. As cores na notación musical a través da historia. A linguaxe de signos elemento de integración e atención á diversidade.
  • SESIÓNS: Sesión I Estudio de contexto histórico de creación das Cantigas de amigo. A cantiga de amigo. Protagonistas, función social. A figura de Martín Códax.
    SesiónII A notación musical e as súas cores no Pergamiño Vindel. A historia de Pedro Vindel.
    Sesión III Interpretación Musical da letra da canción a través dos subtítulos do vídeo clip.
    Sesión IV. Estudo e Interpretación en lingua de signos dun fragmento da canción por grupos.
  • NECESIDADES: Ordenador con altavoces e pizarra dixital ou canon.

OBXECTIVOS

  • Crear e interpretar un tema musical inédito que achegue a lírica galaico portuguesa pedagóxico e lúdico ao alumnado.
  • Utilizar a combinación das cores para a realización dun producto audiovisual cunha mensaxe clara textual e en lingua de signos.
  • Recoller en imaxes a notación en cores do Pergamiño Vindel para a súa difusión.
  • Interpretar de forma instrumental ou vocal un tema que narra a historia das Cantigas de Amigo e do seu descubridor Pedro Vindel
  • Atender a integración e a atención á diversidade cunha proposta didáctica que pode ser interpretada de forma oral ou en lingua de signos.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

1. Noticias de actualidade- Investigamos sobre a chegada do Pergamiño Vindel a Galicia.
2. Investigamos de forma visual, os rasgos da notación musical das Cantigas de amigo, e sacamos as primeiras conclusións.
3. O alumnado, ponse na pel da namorada que agarda mirando ao mar (similitudes e diferencias cos sentimentos de hoxe en día) e tamén no papel de Pedro Vindel, o rapaz que non sabía ler e aprenderá para descubrir o Pergamiño.
4. Grupo de Músicos. Sesión de ensaio do tema vocal e instrumental. Grupo de realizadores, proceso de documentación e gravación de imaxes do Pergamiño.
Figuración especial, gravación no centro das imaxes das mulleres protagonistas.

02. DESENVOLVEMENTO

Sesión I. Estudo previo do contexto social e histórico sobre o que crearemos a peza audiovisual, Paso previo á interpretación vocal do tema musical
Sesión II. Valoramos como contar a historia do Pergamiño Vindel. A importancia das protagonistas das Cantigas de Amigo e do descubrimento de Pedro Vindel.
SesiónIII A notación musical e as súas cores no Pergamiño Vindel. A historia de Pedro Vindel. Valoramos a combinación de cores axeitadas para expresar unha época medieval, a importancia do mar nas cantigas de amigo. Estudamos como pode ser mais clara visualmente a mensaxe a través da combinación de cores que non interfiran na mensaxe cantada ni na mensaxe expresada en lingua de signos.
Sesión IV Práctica vocal. Entonación vocal do tema principal. Estudo e gravación posterior da banda sonora.
Sesión V Interpretación Musical da letra da canción a través dos subtítulos do vídeo clip.
Sesión VI. Estudo e Interpretación en lingua de signos dun fragmento da canción por grupos.
.

03. AVALIACIÓN

1. Realización dun producto audiovisual de calidade cunha función didáctica, pedagóxica e para a atención á diversidade.
2. Interpretación intrumental e vocal do conxunto e de forma individual correcta, seguindo as pautas de coordinación e traballo en grupo establecidas.
3. Difusión dos nosos coñecementos da Liriga galaico portuguesa, da Cantigas de Amigo, da Lingua Galega e da Lingua de signos, nun único traballo realizado en equipo.

EXPERIENCIAS

O alumnado da aula de música participou con este traballo audiovisual no concurso escolar”Vindevídeos” convocado pola Xunta de Galicia a través da Secreataría Xeral de Política Linguística para a difusión da cultura e a lírica galaico portuguesa, formando parte xa do seu repositorio.
NOTA DE PRENSA

A creación deste proxecto audiovisual e un exemplo de integración e atencion á diversidade. Destaca a participación conxunta e voluntaria do alumnado de música, independentemente do nivel académico que están a cursar. O obxectivo principal un proxecto audiovisual de todos e para todos, unha forma de aprender pensando desde a integración e para a integración.