A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

DESCONECTAMOS por proxectos

  • Para facer a exposición interactiva empregamos materiais recliclados
  • Equipo do videoclip da canción DESCONECTA creada polo profesor Fran Loureiro
  • Para o informativo NDC o alumnado entrevsitou á orientadora do centro
  • Recreamos fotografías históricas ubicando conceptos novos
  • O equipo do scape room en pleno proceso creativo
  • No podcast «Onda Díaz Castro», realizaron un debate sobre os ordenadores no aula
  • Escena da curtametraxe de ficción «Guitiriz 2015»
1/7

Durante o curso 2018/19 marcámonos un obxectivo no traballo por proxectos: interiorizar valores vinculados cun uso responsable das ferramentas tecnolóxicas. Para iso solicitamos un Contrato-Programa á Consellería de Educación para crear unha campaña de comunicación multiformato na que alumnado e profesorado puideran identificar, argumentar e representar os retos que se presentan polo uso masivo das pantallas.

Co título de «DESCONECTA», deseñamos contidos e accións de impacto con audio, texto, vídeo, grafismo, eventos, interaccións… que foron presentadas nunha gala final. O traballo organizouse a traveso dun obradoiro conducido por Cristina de la Torre e dirixido ó alumnado de 1º da ESO. En paralelo, o profesorado tamén creou os seus propios contidos cun programa formativo

programa formativo
do CEFORE.

OBXECTIVOS

  • Reflexionar sobre o uso das pantallas e das plataformas online.
  • Coñecer e experimentar con diferentes narrativas: vídeo, podcast, fotografía, grafismo…
  • Familiarizar ó alumnado de 1º cunha maneira diferente de traballar os contidos.
  • Integrar contidos multidisciplinares: lingua, valores, historia, plástica, música, etcétera.
  • Que o alumnado utilizase as propias pantallas cun fin educativo.
  • Exercitar a capacidade narrativa.
  • Que o alumnado recén chegado tomase protagonismo na actividade do centro.
  • Descubrir e potenciar outros talentos do alumnado.
  • Fomentar a creatividade, capacidade de escoita, traballo en grupo, estratexias de negociación, etcétera.

COMO O FIXEMOS

  • O obradoiro desenvolveuse durante o segundo e terceiro trimestre. Comezou cunha serie de sesións iniciais en común con cada clase de primeiro na que o alumnado identificou que temas lles preocupaban máis relacionados co uso das pantallas.
  • Ademais do tema das pantallas tamén analizamos as diferentes narrativas que se poden aplicar unha campaña de comunicación e a rapazada escolleu con que formato rpefería traballar. Ofrecímoslles os seguintes: audiovisual, podcast, fotografía, grafismos e accións.
  • Despois plantexamos un calendario de 3 sesións por cada grupo para traballar cada proxecto e formato por separado. Nalgúns casos os grupos conviviron no espazo e no tempo facilitando que interactuaran entre eles e tamén que podeiran traballar de forma autónoma.
  • Dentro de cada grupo creamos un guión, un listado de necesidades e un plan de execución.
  • Dividimos os grupos en tres categorías: creativos, produtores e técnicos, para facilitar que participasen todos.
  • Fixémolos.

QUE FIXEMOS

Estes son os proxectos resultantes da nos acampaña de comunicación feita polo alumnado de 1º da ESO.

  • Un informativo audiovisual
  • Unha curtametraxe audiovisual
  • Un proxecto de reinterpretación fotográfica
  • Unha exposición interactiva
  • Un podcast
  • Un scape room

INFORMATIVO

Un grupo de un grupo de alumnas de 1º da ESO realizou un telexornal ó que denominaron NDC, Novas Díaz Castro. A peza principal do informativo foi unha entrevista á orientadora do centro, Yolanda Barallobre, sobre o acoso nas redes. Tamén buscaron material sobre cuestións de saúde vinculadas ó uso dos móbiles, facendo unha peza propia e incluindo outra de Internet.

DETALLES

  • Formato: Audiovisual.
  • Temas: Efectos físicos do uso dos móbiles, o acoso nas redes, o traballo no centro.
  • Autoras: Nerea Caínzos, Lucía Morán, Lucía Rodríguez, Lydia Vázquez, Andrea Marcelino, Hugo Fontenla, Nara Gómez.
  • Para saber MÁIS.

FOTOGRAFÍA

Traballamos sobre imaxes icónicas do século XX. Escollemos seis fotos que retrataban acontecementos e personaxes históricas e adaptámolas ás reflexións que plantexamos no aula sobre as vantaxes e riscos de estar sempre conectados. O resultado foron seis montaxes que se colgaron polo instituto e que invitaban a reflexionar sobre as metáforas visuais, ademais de achegarnos ó mundo do fotoxornalismo.

DETALLES

  • Formato: Fotografía.
  • Temas: Os novos poderes corporativos, o abuso das pantallas, os novos valores, o narcisismo…
  • Autoras: Alejandro Pereira, Víctor Estraviz, Hugo Balsa, Sara Paz, Silvia Freire.
  • Para saber MÁIS.
  • Tejero toma o Congreso o 23F. Foto de Manuel Pérez Barriopedro. Madrid, 1981
  • Entregade as claves do Fornite! Foto de Hugo Balsa. Guitiriz, 2019
  • O guerrilleiro heroico. Foto de Alberto Díaz Korda. La Habana, 1960
  • Trending topic sempre! Foto de Víctor Estraviz. Guitiriz, 2019
  • Día da rendición de Xapón. Foto de Alfred Eisenstaedt. Nova York, 1945
  • #vanity. Foto de Hugo Balsa. Guitiriz, 2019
  • Conquista no monte Suribachi. Foto de Joe Rosenthal. Iwo Jima, 1945
  • A conquista da wifi. Foto de Alejandro Pereira. Guitiriz, 2019
  • O home do tanque. Foto de Jeff Widener. Beijing, 1989
  • A nova resistencia. Foto de Hugo Balsa. Guitiriz, 2019
  • Almorzo no alto dun rañaceos. Foto anónima. Nova York, 1932
  • O andamio do século XXI. Foto de Silvia Freire. Guitiriz, 2019
1/12

CURTAMETRAXE

Estamos no 2050 e o sistema educativo xa non é que o que coñecemos. Estudamos dende a casa e as pantallas e as ferramentas tecnolóxicas resolven a maior parte das nosas necesidades formativas. É por iso que o vello instituto de Guitiriz vai ser derrubado para construir unha granxa de datos. Esta curtametraxe foi realizada por un equipo de cinco alumnos. Eles idearon as escenas e gravaron. O resultado é unha peza audiovisual que nos fai reflexionar sobre o que nos deparará o futuro.

DETALLES

  • Formato: Audiovisual.
  • Temas: A obsolescencia tecnolóxica, a memoria recente, as relacións sociais, os novos modelos de educar.
  • Autoría: Javier Castro, Gabriel Iglesias, Lucía Díaz, David Martínez, Jesús Vázquez.
  • Para saber MÁIS.

SCAPE ROOM

Creamos unha experiencia para que o alumnado asimilara ideas relacionadas co uso dos móbiles dunha forma lúdica. A proposta consistía en ir resolvendo pistas e probas de inxenio que incluían chaves agochadas, candados con códigos, xornais modificados, claves de internet, etcétera. Foron dez probas e pasaron pola nosa Scape Room máis de sesenta alumnos e alumnas e tamén varias profesoras.

DETALLES

  • Formato: Acción / Evento.
  • Temas: A empatía, a privacidade, a identidade, o risco do móbil conducindo.
  • Autoría: Javier Castro, Gabriel Iglesias, Lucía Díaz, David Martínez, Jesús Vázquez.
  • Para saber MÁIS.
  • O Scape Room montouse nun aula onde recibimos equipos de seis persoas.
  • Para avanzar lían mensaxes relacionadas co uso das pantallas
  • As pistas estaban ocultas en marcos de fotos, cofres, claves de ordenador, etcétera
  • O obxectivo era forzar ó grupo a traballar en equipo e experimentar sobre as ideas
  • Foi creado co grupo de 1º da ESO que escolleu o EVENTO como formato narrativo
1/5

RADIO

Sentarse e falar das cousas pode parecer un proxecto sinxelo, pero non o é tanto cando estamos afeitos a que as nosas conversas sexan monólogos ou simple voyeurismo a través das redes sociais. Por iso, plantexamos crear un programa de radio que incluira debate, entrevistas e enquisas. O resultado é este Onda Díaz Castro Capítulo que pode escoitarse no seguinte podcast ou, incluso, ver o vídeo do debate, como na radio con streaming.

DETALLES

  • Formato: Podcast / Audiovisual.
  • Temas: As pantallas no aula, o tempo coas pantallas, o uso didáctico de Internet.
  • Autoría: Roi Rivera, Lucas Pereira, Alexandre Barreiro, José Morandeira, Miguel Pereira.
  • Para saber MÁIS.

 

EXPOSICIÓN INTERACTIVA

Creamos unha exposición interactiva de metáforas visuais realizadas con materias reciclados na que plantexamos reflexións respecto ó uso das pantallas con cinco preguntas: EN QUE GASTAS O TEMPO? / QUEN O DÍ? / CREAS OU COPIAS? / A QUEN ADORAS? / CANTOS AMIGOS TES?. Os cinco paneis resultantes colgámolos na entrada do centro e estaban vinculados enquisa que realizaron moitos compañeiros e compañeiras.

DETALLES

  • Formato: Grafismo / Collage
  • Temas: O tempo adicado ás pantallas, a veracidade dos contidos, a autoría nas redes, as relacións sociais, as plataformas
  • Autoría: Sabela López, Beatriz Paz, Álex Maceiras, Anxo López, Miguel Carreira, Yanira Guizán, Iván Morandeira.
  • Para saber MÁIS.
  • Os cinco paneis creados plantexando metáforas visuais sobre o uso das pantallas
  • Detalle dos paneis que reflexionan sobre a creatividade e o uso do tempo
  • Detalle dos paneis adicados ó contacto persoal e á información
  • Detalle do panel adicado ós novos referentes de información e reputación
  • Resultado da enquisa
  • Resultado da enquisa
  • Resultado da enquisa
  • Resultado da enquisa
  • Resultado da enquisa
  • Resultado da enquisa
  • Resultado da enquisa
  • Resultado da enquisa
  • Resultado da enquisa
  • Resultado da enquisa
  • Resultado da enquisa
  • Resultado da enquisa
  • Resultado da enquisa
1/17

VIDEOCLIP

A canción foi elaborada por Francisco Loureiro, profesor de matemáticas, e a rapazada fixo o guión e produción da rodaxe. Unha parte do videoclip está rodada no salón de actos do instituto coa cámara do centro. Os recursos de alumnado gravouno o alumnado pola súa conta co móbil do instituto. Foi unha experiencia moi interesante xa que permitiu a profesorado e alumnado crear xuntos.

DETALLES

  • Formato: Audiovisual.
  • Temas: O abuso das pantallas
  • Autoría: Iván García, Lara Díaz, Sergio Cordeiro, Adrián Santamariña, Sergio Campello, Irene López e Martín Díaz
  • Para saber MÁIS.

CONCLUSIÓNS

Con este proxecto o alumnado:

  • Reflexionou sobre o uso das pantallas.
  • Participou dun proxecto común de centro facendo unha aportación propia.
  • Desenvolveu habilidades narrativas.
  • Familiarizouse con diferentes formatos.
  • Aprendeu a negociar e tomar decisións en equipo.
  • Asumiu responsabilidades de cara ó éxito do proxecto.

Permitiunos:

  • Fomentar a creatividade para resolver imprevistos e atopar alternativas á carencia de recursos ou tempo.
  • Traballar en equipo repartindo tarefas e responsabilidades.
  • Manexar a frustación polos erros técnicos.
  • Exercitar a capacidade de síntese, a narración e a oralidade.
  • Poñer en valor os recursos tecnolóxicos cos que conta o centro.
  • Facer contidos multidisciplinares.
  • Mellorar a convivencia creando unha atmósfera creativa e moi enérxica.
  • Atopar intereses en común entre alumnado e profesorado.
  • Traballar moito coas mans e en analóxico.

Tamén houbo dificultades:

  • Complicacións técnicas co uso equipos.
  • Procedemento mellorable na transferencia de arquivos.
  • Inexperiencia do alumnado no traballo por proxectos.
  • Ambición excesiva na cantidade de proxectos o que foi un reto organizativo.

Aínda así, o balance é máis que positivo. O alumnado foi activo, flexible, permeable e nalgúns casos entusiasta ó máximo. Por iso DESCONECTA cumpriu o seu obxectivo de encher o centro de enerxía creativa e reflexión.