A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Emocións da lus do mundo

  • «Rosa Chicle» é unha curtametraxe de ficción adicada á diversidade sexual
  • En «Verde Esperanza» tratamos o tema do cambio climático dende a comedia
  • «Amarelo Limón» está adicado á alegría e á festa cun estilo youtuber
  • «Azul escuro case negro» trata o tema do acoso escolar cunha perspectiva "terrorífica"
  • O amor xa non é o que era... e menos mal. Mirade os consellos de «Vermello Paixón»
1/5

PRESENTACIÓN

A aprendizaxe das linguas debe ter carácter práctico e estar ao servizo da comunicación real.
O traballo escolar do proceso comunicativo debe favorecer o desenvolvemento integral das potencialidades do alumnado. Por ese motivo escollemos, como escenario idóneo para traballar as competencias clave, a creación dun produto audiovisual partindo dunhas consignas indicadas previamente , neste caso, a simboloxía das cores aplicada a situacións que nos rodean.

O traballo comezou cunha relación de conceptos entre cores e emocións

CLAVES

  • MATERIASLingua e Literatura galega, Lingua e Literatura castelá, Literatura Universal, Linguas estranxeiras,…
  • CONTIDOS: Comunicación lingüística: léxico, sinónimos, campos semánticos, elementos prosódicos e signos de puntuación, morfoloxía (concordancias, xénero, número…), sintaxe (construción de frases), redacción: coherencia textual, cohesión textual, propiedade textual, recursos de síntese e elipse textual…(construción de textos), interacción comunicativa (principio de recursividade)…
    comunicación paralingüística: expresividade e entoación…
    comunicación extralingüística: transmitir información por medio da expresión facial e/ou corporal…
  • SESIÓNS: O obradoiro desenvolveuse durante un trimestre adicándolle arredor de 3-4 sesións ó mes (nunca máis de 1 á semana)
    • Sesión inicial: proposta do proxecto (consignas), rebumbio de ideas arredor do mesmo e formación de cinco grupos de traballo.
    • Varias sesións: presentación de formatos audiovisual e escolla de formato, cor e tema coa que traballar xa por grupos.
    • Varias sesións: creación de guións
    • Varias sesións: ensaios e necesidades técnicas e de atrezzo para a posterior gravación.
    • Varias sesións: gravación dos distintos capítulos da web-serie.
  • NECESIDADES:
    • equipo técnico: material de gravación e montaxe con cámaras, micrófonos, ordenador…
    • equipo humano: moi importante a colaboración dun profesional do audiovisual, neste caso, Cristina de la Torre
    • espazos: os do propio centro e arredores
  • SINERXIAS: Audios, Vídeos, Proxectos: As Cores, Oralidade

OBXECTIVOS

  • Crear guións tendo en conta un formato audiovisual dado: web-serie.
  • Crear textos escritos -coherentes, ben cohesionados e apropiados- partindo de consignas previas: a simboloxía das cores aplicada a situacións que nos rodean.
  • Crear textos escritos correctamente tendo en conta as normas gramaticais da Lingua galega.
  • Expresar textos orais atendendo non só á comunicación lingüística, senón tamén á paralingüística e á extralingüística.
  • Colaborar no grupo de traballo aportando ideas propias para a resolución de situacións.
  • Asumir con responsabilidade tarefas dentro do grupo respectando as decisións acordadas entre os membros.
  • Coñecer e Iniciarse no uso das ferramentas básicas para a gravación dun produto audiovisual.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

  1. Nocións previas sobre o audiovisual e os seus xéneros
  2. Visionado das distintas modalides de audiovisual
  3. Nocións previas sobre os requisitos do guión de audiovisual en función do xénero.

02. DESENVOLVEMENTO

  1. Danse as consignas a ter en conta para a realización do traballo
  2. Créanse os grupos de traballo
  3. Escolla do formato de audiovisual e distribución dos temas a tratar, neste caso as cores e a súa simboloxía
  4. Xa por grupo, establécese a idea principal a desenvolver, a historia que se quere narrar e, por último, procédese á concrección nun guión (personaxes, diálogos…)
  5. Primeiros ensaios a partir dos guións, só cos textos.
  6. Establécense as necesidades para a gravación: equipo humano, técnico, espazos e tempos.
  7. Procédese á gravación de cada un dos capítulos que compoñen a web-serie.

03. AVALIACIÓN

Faise a partir da observación directa do alumnado, en cada unha das sesións e durante todo o proceso, mediante unha rúbrica na que se establecen os diferentes aspectos a considerar. Faise tamén tendo en conta o resultado final, a calidade do produto.

EXPERIENCIAS

O traballo por proxectos permite desenvolver as competencias clave.
É motivador, tanto para o alumnado como para o profesorado.
Suscita a curiosidade e a actividade, fainos saír da zona de confort, crea un clima na aula dinámico e divertido, cohesiona o grupo e incrementa a seguridade e a autoestima entre os participantes.

O equipo desenvolveu cinco traballos audiovisuais con cinco formatos diferentes