A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Estrelas da luz e da literatura

  • Presentación 1

PRESENTACIÓN

Desde a materia de literatura Universal quixemos contribuir ao proxecto das constelacións cun estudio comparativo dunha serie de mulleres que destacaron na súa época como pioneiras nos campos da literatura e da ciencia. Todas estas “estrelas” viviron entre o século VI a.C. e o XVII e puideron desempeñar un labor que neses momentos estaba só destinado aos homes.

CLAVES

  • MATERIAS: Literatura Universal
  • CONTIDOS: Explicación dos cambios significativos na concepción da literatura e dos xéneros literarios en relación co conxunto de circunstancias históricas, sociais e culturais, establecendo relacións entre a literatura e o resto das artes. Recoñecemento do valor permanente de temas e formas da literatura noutras manifestacións da literatura universal.
  • SESIÓNS: 6 sesións
  • NECESIDADES: ordenadores e proxector.
  • SINERXIAS: Constelacións.

OBXECTIVOS

  • Que os alumnos sexan capaces de realizar traballos de investigación que poñan en relación a literatura co resto das artes e disciplinas establecendo patróns cmúns (contexto histórico, temas, formas e estereotipos).

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Visionado de dous vídeos onde se pon de manifesto a discriminación sufrida polas mulleres na literatura ao longo da historia.

 

02. DESENVOLVEMENTO

Búsqueda de mulleres literatas e científicas que desenvolvesen o seu traballo na mesma época. Elaboración dun cadro resumo. A continuación,  en grupos de dúas/tres persoas terían que investigar sobre unha parella de mulleres (unha científica e outra escritora) e reflectir esa información nunha presentación.

03. AVALIACIÓN

Mediante unha exposición oral cada grupo presentará ao resto do grupo o seu traballo e valorarano a través da seguinte rúbrica

Actividade que pretende conseguir que o alumnado se familiarice co traballo de investigación  e estableza unha serie de conclusións sobre a información presentada. Tamén se persegue que os alumnos reflexionen sobre os cambios que o longo da historia se produciron no papel desempeñado polas mulleres e que valoren o esforzo feito por estas pioneiras nos ámbitos da literatura e da ciencia.

EXPERIENCIAS