A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Luces e cores

  • Ciencia ou Magufo?
1/14

PRESENTACIÓN

Baixo o título , o alumnado de 1º de ESO, nunha sesión, e o de 4º de ESO e 1º de BACH, de Física, noutra, asistiron a unha charla sobre a espectometría, ambas baixo o título “Ciencia vs. Magufos”, a cargo de Jose Vázquez, deseñador industrial e creador, con lego,  do Espectómetro donado ao centro.

 

CLAVES

  • MATERIAS:  Física.
  • CONTIDOS: Ciencia e magufo, comportamento da luz, funcionamento dun espectómetro.
  • SESIÓNS: 1 sesión
  • NECESIDADES: Espectómetro.

OBXECTIVOS

  • Valorar a Ciencia como un campo de coñecemento próximo e accesible.
  • Descubrir o valor da reflexión científica para potenciar o criterio da credibilidade.
  • Espertar interese e curiosidade por aspectos científicos da realidade.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Expoñer o Espectómetro na entrada do Instituto, sen máis información ca unha pregunta alusiva.

02. DESENVOLVEMENTO

A sesión desenvólvese arredor da pregunta “Ciencia ou Magufo?”, con exemplos e alusións a feitos cotiás.

Procédese á explicación da importancia da espectometría no campo científico e no descubrimento de feitos fundamentais na historia da humanidade.

Por último, hai unha manipulación do espectómetro na análise de luz procedente de tres bombillas de diferente composición e nos espectros que dela derivan.

 

03. AVALIACIÓN

Valórase a participación durante a sesión e a formulación de preguntas pertinentes, así como de intervencións adecuadas. Perséguese un coñecemento do uso do espectómetro ao longo do tempo.

EXPERIENCIAS

Interesa a percepción de que o científico non está ligado a desempeños alleos da vida diaria. Desde o proxecto As Cores pretendimos un pequeno achegamento á descomposición da luz e á súa utilidade no día a día.