A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Entrevistas ós avós sobre o ceo

  • Vídeo que resume as entrevistas do alumnado

No curso 2016/17 o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz escolleu a astronomía como proxecto transversal de centro. No departamento de lingua e literatura galega decidimos propoñer ó alumnado que lle fixeran unha entrevista ós seus avós e avoas co ceo como tema.

Preparamos as preguntas e recibimos algunhas orientacións técnicas para gravar cos móbiles e facer entrevistas. O resultado é un roteiro pola lus do mundo onde podedes coñecer ós nosos maiores.