A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

O vermello nos cinco reinos

  • Proxecto
    As cores
  • Autoría
    Nuria Sánchez Moreno
  • Duración
    4 sesións e 4 leceres
  • Ideal para
    Asimilar e transmitir os compañeiros contidos relacionados coa clasificación dos seres vivos dun xeito ameno e práctico.
  • Materias
    Bioloxía, xeoloxía
  • Cursos
    1º BAC
  • Compartir en
    facebook, twitter
  • vídeo que mostra ós alumnos de 1º de bacharelato poñendo en práctica o seu traballo.
  • Xogo sobre a clasificación dos seres vivos.
1/4

PRESENTACIÓN

 O alumnado de 1º de bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía realiza un traballo sobre a clasificación dos seres vivos. Elaboran un rosco móbil sobre o que rotulan os distintos grupos de organismos, 38 en total. Este soporte servirá para pegar mediante un imán unha imaxe de cada tipo.

 

CLAVES

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Aenean

  • MATERIAS:indicado para Bioloxía por contidos pero poden participar Tecnoloxía, para facer o “rosco móbil”, Latín se incluímos o nome das especies nesa lingua e incluso Educación Plástica para rotular.
  • CONTIDOS: clasificación dos seres vivos nos cinco reinos.
  • SESIÓNS: 4 sesións e 4 leceres.
  • NECESIDADES: ordenadores para facer a busca na internet, cartón para elaborar o rosco, papel para forralo, caballete que sirva de soporte, rotuladores e imáns.
  • SINERXIAS: pódese pedir a colaboración do departamento de Educación Plástica para elaborar os rótulos e a do departamento de Tecnoloxía para realizar o rosco e o seu soporte.

OBXECTIVOS

  • Desenvolver as competencias do alumnado de busca de información na Internet.
  • Afianzar contidos básicos para a materia de bioloxía de 1º de bacharelato que se utilizan ó longo de todo o curso.
  • Contribuír á elaboración de material que será útil en posteriores cursos para poñer en práctica estes contidos.
  • Mellorar as súas destrezas dirixindo unha actividade cara ó público.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Cada alumno realiza na súa casa un esquema da clasificación dos seres vivos ó finalizar o tema no que se imparten eses contidos. O profesor especifica o detallada que debe ser a clasificación segundo o  reino.

02. DESENVOLVEMENTO

Repártense os grupos de organismos entre os alumnos. Deberán atopar na Internet: un exemplar de cor vermella dos que se lles asigne, o seu nome específico, a súa clasificación e se é posible a razón da súa cor vermella. O profesor, con esa información, encárgase de imprimir as imaxes en cor de cada organismo e plastificalas. O alumnado realiza en aula durante 3 sesións a estrutura que soportará esas tarxetas e rotula a clasificación no rosco. Deben colocar imáns nas tarxetas e na montaxe para permitir que a actividade sexa interactiva e póidase  utilizar repetidamente.

03. AVALIACIÓN

Un punto para cada alumno no que se terá en conta: a implicación no proxecto, a calidade da información atopada na internet, a presentación e a capacidade de exposición cara ós compañeiros.

EXPERIENCIAS

Cando o proxecto remata poñémolo en práctica co alumnado de 1º de ESO xa que eles tamén traballan estes contidos. Importante a temporalización da actividade para que estes alumnos xa viran na aula previamente a clasificación dos seres vivos nos cinco reinos. Forma parte tamén do seu  contido avaliable.