A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Olla que coisa mais linda!

EQUIPO

Teresa López Rodríguez, Yolanda Barallobre, Xosé Ferreiro, Julio José González, Elena Haz, Manu Balsa

SINOPSE

Está tan lonxe o noso pasado? Un grupo de arqueólogos traballa nun xacemento. Os obxectos atopados levantan unha grande expectación.

COMO O FIXEMOS

  • Escollimos o tema: similitudes e diferenzas entre as actuais ferramentas de comunicación e as anteriores.
  • Escollimos o formato vídeo porque o consideramos altamente motivador para o alumnad e parte do alumnado xa ten coñecementos destas ferramentas e linguaxe, o que supón un aliciente.
  • Preparamos o guión empregando unha plantilla de escaleta.
  • Gravamos nunha tarde co apoio de outros compañeiros que estaban noutros grupos.
  • Empregamos unha cámara DSLR que temos no centro e micrófono direccional con pértiga.
  • A montaxe encargámoslla a unha editora de vídeo.

QUE DIFICULTADES XURDIRON

  • Custou chegar a un guión definitivo, logo de ter barallado varias versións.
  • O control do  tempo para a rodaxe, pola complexidade que ofrece calquera proxecto audiovisual.
  • A complexidade da motaxe final.

QUE OPORTUNIDADES OFRECE

  • Traballo en equipo.
  • Permite desenvolver unha aprendizaxe competencial mediante contidos transversais ( historia, linguas, plástica…)
  • Reflexión crítica sobre o impacto das novas tecnoloxías na nosa vida.
  • Por en valor os antecedentes das actuais tecnoloxías (por ex.: álbum de fotos/instagram…)
  • Coñecer como se desenvolve e organiza un proxecto audiovisual.

CLAVES

  • Levar o guión e a escaleta ben preparados para poder poñerse a gravar con axilidade
  • Aplicar o principio de economía “menos é máis”.
  • Resolver con recursos accesibles, cos recursos que xa temos.
  • Aplicable a calquera tipo de contido, tema ou materia.
  • Investigar previamente  o estilo de vida e comunicación antes da chegada da internet.
  • Botar man da imaxinación e da creatividade.
  • Coidar a comunicación e a coodinación de equipos.

COMO LEVALO Ó AULA

  • Pódese facer en seis sesións.
  • Primeira sesión: proposta de tema e traballo por grupos no posible guión
  • Segunda sesión: posta en común das ideas e decídese un guión. Créanse 3 grupos: guionistas (concretan o guión cos diálogos escena a escena), realizadores (storyboard, gravación, equipos…) e produción (preparativos, decorado, plan de rodaxe..)
  • Terceira e cuarta sesión: rodaxe
  • Quinta e sexta: edición

IDEAL PARA

  • Ao remate de cada trimestre, ou do curso, a modo de reflexión final sobre o impacto da tecnoloxía na vida cotiá.
  • Traballar as Competencias Clave: artística, lingüística, matemática, social, aprender a aprender…
  • Traballo colaborativo.
  • Aprendizaxe entre iguais.

RECURSOS

  • Teléfono móbil
  • Cámara de vídeo
  • Alumnado voluntario para actores
  • Vestiario e atrezzo para crear o escenario (postais, fotos ou álbum de fotos…)
  • Un ordenador e editor de vídeo
  • Youtube para descargar recursos: vídeos, efectos de son…