A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Os derradeiros elementos da Táboa Periódica

PRESENTACIÓN

Con motivo do ano internacional da Táboa Periódica o alumnado de Química de 2ºBacharelato realiza un breve traballo sobre a historia da T.P. e os catro últimos elementos que se incorporaron a ela e unha exposición oral sobre el.

 

CLAVES

  • MATERIAS: Indicado para Química.
  • CONTIDOS: Relacionados coa unidade do “Sistema Periódico e propiedades periódicas”. Tamén se traballa  a precisión da linguaxe e  a capacidade de síntese.
  • SESIÓNS: Dúas sesións no centro, una para buscar información e outra para expoñer oralmente o traballo. Ademais, tempo na casa para redáctalo e imprimilo.
  • NECESIDADES: Ordenadores para buscar a información e impresora e folios para imprimir os traballos.

OBXECTIVOS

  • Saber escoller a información entre o amplo abanico que oferta internet.
  •  Practicar a comprensión escrita.
  •  Redactar correctamente un traballo.
  • Realizar textos expositivos.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Busca de información en distintas páxinas de internet.

02. DESENVOLVEMENTO

Escolla da información e redacción do traballo. Realización da exposición oral sobre o traballo e entrega do traballo por escrito.

03. AVALIACIÓN

Suporá o 10% da nota da avaliación. Terase en conta a calidade da información exposta, a presentación e a exposición diante dos seus compañeiros.

EXPERIENCIAS

O traballo lévase a cabo en xaneiro de 2019.

Ver aquí o pdf da actividade: As derradeiras incorporacións á táboa periódica.