A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Pigmentos vermellos

  • Documento explicativo
1/2

PRESENTACIÓN

O alumnado de 4º de ESO de Física e Química (6 alumnos) explícanos no curso 2017-2018 os diferentes pigmentos de cor vermella. Móstrannos como algúns deles agochan insectos nos teus alimentos favoritos.

 

CLAVES

  • MATERIAS:Indicado para utilizalo en Bioloxía e Xeoloxía, en Ciencias da Natureza e en Física e Química.
  • CONTIDOS: Que son os pigmentos de cor vermella, cantos tipos hai e para que se utilizan.
  • SESIÓNS: Para desenvolver en 1 ou 2 sesións máximo.
  • NECESIDADES: Ten que formar parte do contido avaliable das materias nas que se desenvolva.

OBXECTIVOS

  • Capacidade de síntese e de organización para facer as diapositivas.
  •  Fixación dos coñecementos
  •  Potenciar a implicación do alumnado nas actividades do aula e do centro

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Distribución do alumnado por tarefas:

  • alumnos preparan as diapositivas para a introdución, QUE SON?
  • alumnos preparan as diapositivas para a descrición dos TIPOS DE PIGMENTOS VERMELLOS.
  • alumnos preparan as diapositivas para as UTILIDADES destes pigmentos.

02. DESENVOLVEMENTO

Utilización de varias sesións nas súas casas para preparar todas as diapositivas e dalgunha sesión de lecer para a posta en común, unificación e ensamblaxe das diapositivas.

 

03. AVALIACIÓN

Para cada alumno 1 punto máximo segundo o grao de implicación e traballo realizado no proxecto.