A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Lombarda no laboratorio

  • PREPARAMOS UN INDICADOR ÁCIDO-BASE CASEIRO CON LOMBARDA
1/2

PRESENTACIÓN

O alumnado de 4º de ESO de Física e Química (6 alumnos) explícanos no curso 2017-2018 como preparar un indicador para diferenciar ácidos e bases da nosa vida diaria con lombarda. Como científicos expertos, indícannos que é o que temos que facer na casa para ter un indicador ácido-base e próbano con distintas substancias. Despois, proban con indicadores “de verdade”, dos que se usan nos laboratorios.

 

CLAVES

  • MATERIAS: Indicado para utilizalo en clases de Bioloxía e Xeoloxía, en Ciencias da Natureza ou en Física e Química.
  • CONTIDOS: Substancias ácidas, substancias básicas, indicadores.
  • SESIÓNS: Para desenvolver en 1 ou 2 sesións máximo.
  • NECESIDADES: ten que formar parte do contido avaliable das materias nas que se desenvolva.

OBXECTIVOS

  • Reforzar a importancia da expresión oral como aptitude básica para reforzar habilidades lingüísticas e sociais.
        • Capacidade de síntese
        • Organización do discurso
        • Fixación dos coñecementos
        • Seguridade e autoestima
  • Implicar ao alumnado nas actividades da aula e do centro.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

  • Distribución do alumnado por tarefas:
      • 2 alumnos son os protagonistas do vídeo.
      • 1 alumno será a voz en off.
      • 2 alumnos gravan o vídeo.
      • 1 alumno o monta coa música.
  • Coordinación das tarefas nas distintas sesións utilizadas para desenvolver o proxecto.

02. DESENVOLVEMENTO

Utilización de catro sesións de aula para preparar todas as tarefas e para a gravación do vídeo. Utilización dalgunhas sesións nas súas casas para a montaxe do vídeo e para a gravación da voz en off.

 

03. AVALIACIÓN

Para cada alumno 1 punto máximo segundo o grao de implicación e traballo realizado no proxecto.

EXPERIENCIAS

É moi interesante ver a motivación do alumnado cando ven a posta en práctica dos coñecementos matemáticos que eles xa posúen, nun acercamento a unha realidade tan cotiá como está.

POSIBLES VARIACIÓNS

Dunha maneira similar poderíase elaborar un modelo para calquera realidade que empregue as ondas como sustento físico, por exemplo o son, máis concretamente a música, a través das frecuencias das ondas que producen os sons da escala musical teríamos o modelo adaptado as ondas que chegan ao noso oído cando se producen as notas.