A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Presentación dos contrato programa

  • O alumnado de 2º de ESO presenta o proxecto de A Lus do Mundo en Santiago
  • Cintia e Tania explican a súa experiencia con A Lus do Mundo
1/2

No mes de abril de 2016 celebrouse en Santiago de Compostela un encontro adicado ós Contrato-Programa organizado pola Consellería de Educación e ó cal acudiu profesorado de toda Galicia. Este programa ven apoiando ó instituto nos últimos cursos permitíndonos realizar boa parte das súas accións de innovación educativa. Por iso fumos invitados a falar neste encontro para explicar a nosa experiencia co proxecto de A Lus do Mundo.

Coma xa é habitual, pedímoslle ó alumnado que tomase o protagonismo e fixeran eles a presentación. Foi a clase de 2º de ESO a que resumiu como Díaz Castro e a reivindicación da súa figura se convertiron nun elemento educativo integral no noso centro. Despois, dúas alumnas de 2º de Bacharelato explicaron a súa experiencia persoal como parte activa deste proxecto.