A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

O profesorado tamén crea

  • O profesorado fixo unha intensa formación en narrativas dixitais
  • O obxectivo era aprender creando empregando formatos habituais de Internet
1/2

Durante o curso 2018-2019, o profesorado do centro fixemos unha formación destinada á reflexión sobre o uso das pantallas no aula e como converter as narrativas dixitais que máis emprega o alumnado en aliados da educación e da transmisión de contidos e valores. Esta formación fíxose de forma paralela ó proxecto de centro que este curso tiña o nome de DESCONECTA, polo que o profesorado traballamos o mesmo tema que plantexamos ó alumnado.

Ó longo de seis sesións formativas propuxémonos realizar un traballo multidisciplinar utilizando as novas tecnoloxías, co foco posto no uso das pantallas e no que estivesemos obrigados a traballar en equipo. Estos son os temas que tratamos na formación:

01. TRABALLO POR PROXECTOS

02. O USO DAS PANTALLAS

03. OS FORMATOS

04. NARRATIVAS DA ERA DIXITAL

05. OS NOSOS PROXECTOS

06. RECURSOS

 

Aquí pódese descargar a presentación

Aquí pódese descargar a presentación
 que empregou a formadora (Cristina de la Torre
Cristina de la Torre
). A continuación desglosamos o proceso e os contidos que fomos traballando, deixando enlaces dispostos para facilitar a replicación de formatos, contidos, etcétera.

01. TRABALLO POR PROXECTOS

Na primeira sesión da formación analizamos as oportunidades e retos do traballo multidisciplinar e por proxectos nos centros educativos. Son moitas as ocasións nas que se nos pide que traballemos en equipo e combinemos aulas pero non é unha misión sinxela.

Así quedou patente nas nosas primeiras reflexións sobre O TRABALLO POR PROXECTOS E CON FERRAMENTAS DIXITAIS: 

Traducido:

A FAVOR

  • Capacidade de seducción
  • Perdurabilidade do coñecemento
  • Implicación
  • Creación de equipo
  • Transmisión de valores
  • Diversión
  • Sorpresas
  • Proxección exterior
  • Ruptura de rutinas
  • Aprendizaxe conxunta
  • Conexión co estudantado
  • Máis Interactivo
  • Motivación
  • Sair da zona de confort
  • Recompensa

EN CONTRA

  • Perda de autonomía
  • Sentirse observado
  • Perda de control
  • Suprimir o pedestal
  • Necesidade de negociar
  • Adaptar o contido
  • Cumplir coa burocracia
  • Necesidade de adaptación
  • Obsolescencia tecnolóxica
  • Xestión do grupo
  • Xestión do tempo
  • Inseguridade
  • Frustración
  • Estrés
  • Perder o foco
  • Necesidade de coordinación

02. O USO DAS PANTALLAS

No caso concreto do USO DAS PANTALLAS, destacamos os temas que máis nos preocupaban e que polo que descubrimos máis tarde non coinciden demasiado cos do alumnado, menos preocupado pola uso do tempo ou a socialización non dixital. Para entrar en materia visionamos e debatimos esta curtametraxe de Steve Cutts.

 

E tamén este vídeo de branded content de RuaVieja:

Para definir os temas que nos preocupan

QUE NOS PREOCUPA MÁIS DO USO DAS PANTALLAS?

  • Perda de tempo
  • Obsesión pola reputación / popularidade
  • A xestión da identidade dixital
  • O uso da información que proporcionamos

QUE NOS MOTIVA MÁIS DO USO DAS PANTALLAS?

Poder converter as redes e a tecnoloxía en aliados educativos

CAL E O NOSO OBXECTIVO  NESTA FORMACIÓN?

Reflexionar sobre o uso das pantallas e os riscos, oportunidades e retos que provocan no entorno educativo.

QUE IMOS FACER?

  • Traballar xuntos
  • Coñecer novas ferramentas
  • Aprender facendo

03. OS FORMATOS

Coa máxima de que no curso queriamos a aprender facendo, adicamos unha sesión a analizar diferentes formatos dixitais para escoller une crear grupos en torno ó mesmo. Empregar o formato como desencadeante dunha creación é unha estratexia habitual, xa que nos obriga a pensar nas diferentes capas de mensaxe: texto, imaxe, atmósfera… e tamén nas necesidades de realización e sobre todo, de difusión.

Cada formato acompañámolo de exemplos, tanto de outros como propios, xa que dende A lus do Mundo levamos anos realizando proxectos dixitais e era importante dalos a coñecer tamén ó profesorado do curso, nalgún caso recén chegado ó centro. No caso dos exemplos alleos, procuramos destacar proxectos realizados dende centros ou colectivos con semellantes recursos e estrutura á dun centro educativo como o noso.

AUDIOVISUAL

ROTEIRO DIXITAL

ROTEIRO FÍSICO

PERFORMANCE

INFOGRAFÍA

EVENTO

FOTOGRAFÍA

AUDIO

Nos formatos analizados incluimos algúns que non eran de raíz dixital en canto á estrutura narrativa, se non que o vídeo ou a foto eran simples ferramentas de difusión. E esa idea destacouse moito durante a formación, que os entornos e os dispositivos dixitais son ferramentas ó servizo dunha intención narrativa, poética, transformadora, divulgativa, inspiradora, …

En todo caso, chegados a este punto xa tiñamos INTENCIÓNS (aprender facendo) TEMÁTICA (o uso das pantallas) e FORMATOS posibles arredor dos cales nos agrupamos escollendo por formato: texto, vídeo e foto.

 

04. NARRATIVAS DA ERA DIXITAL

O seguinte paso do proxecto xa foi lanzarse á piscina de Internet para familiarizarnos coas narrativas populares que se empregan na rede. Para iso procuramos deixar a un lado as resistencias habituais (xustificadas ou non) que dende o entorno académico se teñen á hora valorar estes estilos narrativos. Aínda que o cambio de paradigma a tódolos niveis parece imparable [Ver nova de El país: La literatura se pone a dieta y pierde páginas], semella que os educadores non acabamos de sentirnos cómodos no uso de redes sociais, formatos de Youtube ou dialécticas propias dos adolescentes.

Hai que ter en conta que este curso foi realizado no 2019. Se nos estás lendo dende o … 2023 (?) posiblemente moitos non existan ou sexan de maiores. En todo caso, estes son os do momento:

COMO CONVIVEN ESTAS NARRATIVAS COS CONTIDOS DO AULA?

Era a pregunta do millón e si, levounos tres ou catro sesións, pero por fin chegamos a ela. A resposta: pois como podamos… Nos fixemos dous exercicios para desentumecer a creatividade e chegar a un guión:

XERAR UN DESENCADEANTE

Partimos da técnica do clickbait. Consiste en crear un titular confuso pero moi tentador que interpela ó público directamente (neste caso ó alumno) xerando curiosidade, un reto, etcétera. Trátase de pensar unha frase que desencadea a necesidade de desvelar a resposta. Estas son algunhas maneiras de arrancar:

  • Que pasaría se … : Mesturou auga e aceite no laboratorio e non crerás o que pasou despois
  • Se che pasa isto … : Se non che soan estes nomes non veñas ó exame
  • As 10 cousas que …. : Lutero
  • …. en 5 pasos: Convírtete nun experto en chuletas en cinco pasos

E estas as ideas que xurdiron:

  • Que pasaría se abres instagram e está en branco como o teu exame
  • Que pasaría se deixamos de comunicarnos de palabra
  • Que pasaría se espertamos en 1990
  • Que pasaría se Nietzsche tivera twitter
  • Non te vas crer que fixeron antes de ser famosos
  • O código secreto das cantigas ó descuberto
  • Sete mentiras históricas que non vas crer que colaron
  • Cinco consellos para convertirte nun experto en chuletas
  • Infalible!!!!!! A fórmula matemática do amor

EMPREGAR PLANTILLAS

Outra exercicio que activa a creatividade son as plantillas de formato. Pódense descargar e imprimir. Cando xa tes un tema traballado ter diante un lienzo de formato axuda moito a concretar ideas:

05. OS NOSOS PROXECTOS

E despois de todo este proceso a onde chegamos? Pois ós seguintes catro proxectos

VAIA, VAIA… QUE SORPRESA!

EQUIPO

Mª José Fernández , Teresa López, Ángeles Rubinos

SINOPSE

Curtametraxe na que  o alumnado descobre con gran sorpresa que Brian May, o guitarrista de Queen, é astrofísico. Queríamos destacar que se pode compatibilizar unha boa preparación académica coas súas actividades lúdicas, que hai tempo para todo e empregamos o exemplo dunha figura pública de actualidade nese momento.

COMO O FIXEMOS

  • Escollimos a temática e o formato.
  • Preparamos o guión empregando unha plantilla de chat.
  • Decidimos levalo ó formato audiovisual para darlle protagonismo ó alumnado e que se identificaran co tema.
  • Gravamos nunha clase de matemáticas coa profesora e o alumnado real facendo planos moi sinxelos.
  • Para que se escoitase ben o diálogo (escaso) colocamos un micro conectado ó móbil.

QUE DIFICULTADES XURDIRON

  • Notouse a falta de práctica na actuación, xa que non houbo ensaios.
  • Implicar ó alumnado foi complexo, xa que o texto fora traballado polas profesoras e lles resultaba un pouco alleo.
  • Falta de tempo para a rodaxe, pois non queriamos interromper horas da xornada académica.
  • A montaxe foi tediosa porque meter os textos e simular o chat ten moitas capas narrativas: os bocadillos, o texto, os sons, os emoticonos… Axudounos a editalo unha montadora profesional.

QUE OPORTUNIDADES OFRECE

  • Traballo en equipo.
  • Reflexión sobre o tema a tratar, que non perdan o tempo nas clases e atendan.
  • Reflexión sobre a reputación e porque valoramos ás personaxes públicas.

 CLAVES

  • Levar o texto ben preparado para poñerse a gravar con axilidade
  • Ter en mente a montaxe do vídeo para simplificar a gravación, as veces é mellor facer o chat real que ficcionalo

COMO LEVALO Ó AULA

  • Pódese facer en tres sesións
  • Propoñemos temas entre o alumnado e que preparen os seus chats por grupos (entre 6-10 persoas)
  • Para facer o vídeo teñen que divivirse entre actores, produción, realización e montaxe e decidir onde o gravan.
  • Grávanse cos seus teléfonos e poden editalo eles no seu tempo de tarefas en aplicacións móbiles ou no aula de Tecnoloxía
  • Visionamos os traballos rematados e debatimos sobre os temas que propone cada chat

IDEAL PARA

  • Traballar temas con diferentes puntos de vista
  • Motivalos ó inicio de curso
  • Traballar as competencias clave: artística, lingüística, matemática, social, aprender a aprender…
  • Traballo colaborativo
  • Aprendizaxe entre iguais
  • Crear complicidade co alumnado achegándose ás súas narrativas e formatos

RECURSOS

OLHA QUE COISA MAIS LINDA!

 

EQUIPO

Teresa López Rodríguez, Yolanda Barallobre, Xosé Ferreiro, Julio José González, Elena Haz, Manu Balsa

SINOPSE

Está tan lonxe o noso pasado? Un grupo de arqueólogos traballa nun xacemento. Os obxectos descobertos levantan unha grande expectación.

COMO O FIXEMOS

  • Escollimos o tema: similitudes e diferenzas entre as actuais ferramentas de comunicación e as anteriores.
  • Escollimos o formato vídeo porque o consideramos altamente motivador para o alumnad e parte do alumnado xa ten coñecementos destas ferramentas e linguaxe, o que supón un aliciente.
  • Preparamos o guión empregando unha plantilla de escaleta.
  • Gravamos nunha tarde co apoio de outros compañeiros que estaban noutros grupos.
  • Empregamos unha cámara DSLR que temos no centro e micrófono direccional con pértiga.
  • A montaxe encargámoslla a unha editora de vídeo.

QUE DIFICULTADES XURDIRON

  • Custou chegar a un guión definitivo, logo de ter barallado varias versións.
  • O control do  tempo para a rodaxe, pola complexidade que ofrece calquera proxecto audiovisual.
  • A complexidade da motaxe final.

QUE OPORTUNIDADES OFRECE

  • Traballo en equipo.
  • Permite desenvolver unha aprendizaxe competencial mediante contidos transversais ( historia, linguas, plástica…)
  • Reflexión crítica sobre o impacto das novas tecnoloxías na nosa vida.
  • Por en valor os antecedentes das actuais tecnoloxías (por ex.: álbum de fotos/instagram…)
  • Coñecer como se desenvolve e organiza un proxecto audiovisual.

CLAVES

  • Levar o guión e a escaleta ben preparados para poder poñerse a gravar con axilidade
  • Aplicar o principio de economía “menos é máis”.
  • Resolver con recursos accesibles, cos recursos que xa temos.
  • Aplicable a calquera tipo de contido, tema ou materia.
  • Investigar previamente  o estilo de vida e comunicación antes da chegada da internet.
  • Botar man da imaxinación e da creatividade.
  • Coidar a comunicación e a coodinación de equipos.

COMO LEVALO Ó AULA

  • Pódese facer en seis sesións.
  • Primeira sesión: proposta de tema e traballo por grupos no posible guión
  • Segunda sesión: posta en común das ideas e decídese un guión. Créanse 3 grupos: guionistas (concretan o guión cos diálogos escena a escena), realizadores (storyboard, gravación, equipos…) e produción (preparativos, decorado, plan de rodaxe..)
  • Terceira e cuarta sesión: rodaxe
  • Quinta e sexta: edición 

IDEAL PARA

  • Ao remate de cada trimestre, ou do curso, a modo de reflexión final sobre o impacto da tecnoloxía na vida cotiá.
  • Traballar as Competencias Clave: artística, lingüística, matemática, social, aprender a aprender…
  • Traballo colaborativo.
  • Aprendizaxe entre iguais.

RECURSOS

  • Teléfono móbil
  • Cámara de vídeo
  • Alumnado voluntario para actores
  • Vestiario e atrezzo para crear o escenario (postais, fotos ou álbum de fotos…)

CHULETAS. UN MÉTODO INFALIBLE EN CINCO PASOS

EQUIPO

Francisco Loureiro, Olga Aguiar, María Miragaya.

SINOPSE

Trátase de que o alumnado aprenda, desenvolva e afiance as destrezas necesarias no tratamento da información, como emisor ou como receptor; de que distinga o esencial do supérfluo e de que sexa quen de organizar a información de xeito coherente e significativo.

COMO O FIXEMOS

  • Intentamos proporcionar un método de traballo para un tratamento da información o máis eficaz posible desde unha perspectiva lúdica e acorde cos intereses do alumnado utilizando como reclamo as “chuletas” ou o “método do prohibido”.
  • Escollimos a narrativa de memes porque se trata dun código visual, directo, áxil, sinxelo e moi actual, próximo ao noso alumnado.
  • Tamén o escollimos porque require moi poucas ferramentas, moi accesibles e fáciles de manexar: teléfono móbil e unha app que permita editar texto en imaxes.

QUE DIFICULTADES XURDIRON

  • Require unha gran capacidade de precisión e de síntese  na expresión e tamén unha organización da información escrupulosa, tanto no aspecto verbal como no tratamento das imaxes.

QUE OPORTUNIDADES OFRECE

  • Aplicar o principio de economía “menos é máis”.
  • Resolver con recursos accesibles, cos recursos que xa temos.
  • Aplicable a calquera tipo de contido, tema ou materia.

CLAVES

  • Botar man da imaxinación e da creatividade.
  • Utilizar ferramentas básicas, sinxelas, para que estean ao servizo da aprendizaxe e non á inversa e nos permitan centrarnos en ofrecer contidos relevantes, estimulantes e necesarios.

COMO LEVALO Ó AULA

  • Pódese facer en dúas sesións.
  • Na primeira sesión, faise a proposta de traballo (Pódese introducir esta sesión utilizando uns “memes”, por exemplo o que elaboramos aquí), organízanse os grupos de traballo e danse as instrucións pertinentes: temas, amplitude…e, por último, o alumnado empeza a traballar.
  • Na segunda sesión, rematan o traballo e faise unha posta en común coa mostra dos “memes realizados”. Coméntanse os acertos e os erros detectados no traballo de síntese e organización da información. Tamén, aspectos lingüísticos e semióticos relevantes.

IDEAL PARA

  • Ao remate de cada tema, resumir adecuadamente os contidos traballados en calquera materia.
  • Traballar as Competencias Clave: artística, lingüística, matemática, social, aprender a aprender…
  • Traballo colaborativo.
  • Aprendizaxe entre iguais.

RECURSOS

  • teléfono móbil para as fotografías.
  • App de memes para insertar texto en imaxes.
  • E para composición de escenas: imaxinación.

CENITAS DE MUERTE

 

EQUIPO

Ana Pedreira, Fernando Ulla e Mónica Campo

SINOPSE

O fresco “A última cena”, pintado por Leonardo Da Vinci en Milán entre 1495 e 1497, foi a inspiración deste exercicio. Recrea a cea de Xesucristo cos apóstolos antes de ser capturado polos romanos, unha pasaxe histórica que coñecemos principalmente polas fontes bíblicas.

COMO O FIXEMOS

  • Este tema permitíanos traballar en equipo a profesorado de Lingua, Historia e Relixión.
  • Recreamos o chat que terían no seu caso Xesucristos cos Apóstolos e os Romanos entre si e con Xudas

QUE DIFICULTADES XURDIRON

  • As dificultades foron sobre todo técnicas, para resolver como ficcionar un chat. A parte de contido foi a máis sinxela pois adoptamos un código moi coloquial co que nos sentíamos moi cómodos e encaixaba co formato escollido.

QUE OPORTUNIDADES OFRECE

  • Achegar ó alumnado a un tema histórico e relixioso de forma amena.

CLAVES

  • Escoller o ton adecuado para queo alumno conecte co exercicio.

COMO LEVALO Ó AULA

  • Para facelo co alumnado recomendamos dividilo en dúas sesións. Na primera plantéxase o contido e os seus enfoques dende as diferentes disciplinas: literaria, histórica, relixiosa, artística, etcétera. Ó final da sesión plantéxase o reto de crear os chats entregando unha plantilla ó alumnado dividido por grupos.
  • Enfoques: Lingua: diferencias entre linguaxe culta e coloquial. As linguas mortas. Historia: contexto do feito en si e a súa representación pictórica. As fontes na historia. Relixión: a Biblia e as relixións do libro.
  • Aconsellamos repartirse o traballo entre o profesorado das disciplinas implicadas abordando este feito concreto dende diferentes perspectivas para obter un coñecemento global, neste caso de Historia, Arte, Religión e Literatura.
  • Destacar a importancia da documentación previa. Non poden crear un chat, nin en realidade ningún contido ou tarefa que lles propoñamos, se non teñen antes o coñecemento. Podemos darlle nós os contidos ou pedirlles que os busquen (que lean a pasaxe no Novo Testamento, por exemplo).

IDEAL PARA

  • Ao remate de cada tema, resumir adecuadamente os contidos traballados en calquera materia.
  • Traballar as Competencias Clave: artística, lingüística, matemática, social, aprender a aprender…
  • Traballo colaborativo.
  • Aprendizaxe entre iguais.

RECURSOS

  • teléfono móbil para as fotografías.
  • App de memes para insertar texto en imaxes.
  • E para composición de escenas: imaxinación.

06. RECURSOS

  • METODOLOXÍA PROXECTOS DIXITAIS:  Kit de activación dixital do proxecto Coruña Dixital con moitos exemplos de como empregar as tecnoloxías como ferramenta para crear contido en proxectos feitos dende a base. Inclúe un
  • FACER VÍDEOS PASO A PASO: Esquema moi básico de como plantexar o proceso de realización dun vídeo. Tamén se poden seguir as leccións de Aprendo con Olloboi.
  • FERRAMENTAS DIXITAIS: Documento que recopila programas de edición de vídeo, plataformas de traballo colaborativo, editores de foto, mapas interactivos, etcétera. En xeral taméns e pode buscar no Intef, na web de Raúl Diego e seguirlle a pista ó laboratorio Knightlab.