A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Roteiro «A fábrica de poetas»

  • Titorial con tódolos detalles de organización deste roteiro pola vila de Guitiriz

PRESENTACIÓN ROTEIRO

Xosé María Díaz Castro regresou a Guitiriz unha vez xubilado para reencontrase coa súa patria poética, a chaira lucense, terra de escritores que marcaron a literatura galega. Este roteiro propón un percorrido pola vila para achegarnos dunha maneira diferente á obra de Díaz Castro e ó seu contexto literario.

Cada parada da visita está adicada a un aspecto da creación poética: o léxico, os referentes, a inspiración, a sonoridade… As actividades, creadas no IES Poeta Díaz Castro, son guiadas polo propio alumnado. O seu obxectivo é achegar o coñecemento dunha maneira lúdica sacando as aulas á rúa e co alumnado como protagonista da transmisión dese coñecemento.

  • CONTIDOS: Literatura, Lingua, Expresión oral, Educación física, etc
  • CURSOS: Actividade pensada para 1º ciclo ESO
  • VISITANTES: Máximo 60 persoas
  • DURACIÓN: 4 horas (3 coas actividades e 1 camiñando)
  • INCLÚE: 6 actividades (20 min máx. en cada)
  • CAMIÑAMOS: 3 km en total pola vila de Guitiriz
  • ROUPA: Calzado e roupa para camiñar, estaremos ó aire libre
  • PUNTO DE ENCONTRO: IES Poeta Díaz Castro
  • DESTINO: Vila de Guitiriz
  • NAS REDES SOCIAIS: Facebook e Twitter
  • CONTACTO: IES Poeta Díaz Castro
  • UNIDADE DIDÁCTICA PREVIA: A lus do mundo

*Adaptaremos os tempos e o número de actividades ás necesidades e tempos de cada grupo

Segunda parada

DOCUMENTOS

PREPARATIVOS

  • Pódese descargar o cuestionario previo aquí
  • Pódese descargar o protocolo de loxística e a guía para cada visita aquí
  • Pódese descargar o protocolo de comunicación aquí

MATERIAIS NECESARIOS

Parada 1. A FÁBRICA DE POETAS – IES

Parada 2. AUTOR DUN ÚNICO LIBRO – CURRO VELLO

  • Sobres coas fichas de autores e libros
  • Balizas para colocar na zona
  • Silbato
  • Os libros para ir entregar a cada parella
  • Manual parada 02
  • Titorial parada 02

Parada 3. A VIAXE DO HEROE – ESTACIÓN TREN

  • Coroas de loureiro
  • Maleta de Ulises
  • La e agullas
  • Altofalante
  • Pau de chuvia
  • Tarro con moedas
  • Xornal para o son das follas de outono
  • O poema de Penélope en pancarta
  • Consignas para berrar na manifestación poética
  • Manual parada 03
  • Titorial parada 03

Parada 4. O LÉXICO DE DÍAZ CASTRO – CASA DAS PALABRAS

Parada 5. A VOZ DO POETA – CASA HABANERA

Parada 6. A APÓCEMA POÉTICA – CAMPO DA FEIRA

  • Cordeis
  • Pinzas grandes para suxeitalos
  • Tarxetas de inspiración
  • Manual parada 06