A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Scape Room Desconecta, atréveste?

«Benvidos á habitación do escape do IES Poeta Díaz Castro. Propoñémosvos unha aventura na que descubrir algúns dos riscos que teñen o uso dos móbiles e de Internet. Nesta habitación hai unha serie de pistas que debedes de seguir na orde adecuada para conseguir o código para poder sair.

Observade ben o que vos rodea e non vos precipitedes. Se algunha pista non ten sentido intentade resolver outra antes. A primeira pista ten que ver coa empatía, con poñerse no lugar do outro.Tedes un comodín para poder empregar se vos atascades. Tedes 20 minutos para resolver este reto. Boa sorte

Esta era a benvida que o alumnado de 1º de ESO daba ó alumnado (e tamén profesorado) que pasou polo Scape Room do DESCONECTA. A proposta consistía en ir resolvendo pistas e probas de inxenio que incluían chaves agochadas, candados con códigos, xornais modificados, claves de internet, etcétera.

Estes foron os temas que tratamos nas pistas:

  • A falta de empatía
  • Os riscos de usar o móbil conducindo
  • Aceptar a descoñecidos nas redes
  • Protexer a privacidade

Por se estades interesados enlazámosvos con todos os materiais que emrpegamos.