A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Semana da Ciencia

  • Proxecto
    Táboa periódica
  • Autoría
    Nuria Sánchez Moreno
  • Duración
    tres sesións para preparar o contido teórico e práctico e dúas xornadas para expoñer as actividades ante os compañeiros.
  • Ideal para
    que alumnado aprenda a organizar un traballo integramente e mellorar a súa habilidade de falar en público.
  • Materias
    Bioloxía
  • Cursos
    2º BAC
  • Compartir en
    facebook, twitter

PRESENTACIÓN

 O alumnado de 2º BAC elabora un guión cos contidos e as distintas experiencias relacionadas coa táboa periódica  que expoñerán ante os seus compañeiros.

CLAVES

  • MATERIAS: indicado para Bioloxía.
  • CONTIDOS: dun modo transversal tratamos contidos do currículo de Bioloxía (osmose, bioelementos e oligoelementos…) incardinados directa ou indirectamente coa táboa periódica.
  • SESIÓNS: tres sesións para recompilar información, elaborar un guión e preparar o material necesario para expoñer o traballo. Dúas xornadas, repartidas en tempos de 50 minutos por grupo, para mostrar o traballo aos compañeiros.
  • NECESIDADES:
  1. ordenadores para facer a busca na internet
  2. cartón pluma, cartolinas e rotuladores para elaborar os carteis
  3. material de laboratorio (probetas, bisturíes, portaobxectos…) para preparar as prácticas desenvolvidas
  4. microscopio óptico e cámara para proxectar a visualización dunha práctica en tempo real de maneira colectiva.

OBXECTIVOS

  • Desenvolver as competencias do alumnado de busca de información fiable e contrastada na internet.
  • Afianzar contidos da materia de Bioloxía de 2º de BAC.
  • Mellorar as súas destrezas dirixindo unha actividade cara ao público.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Dedicamos tres sesións para buscar a información necesaria e elaborar un guión repartindo as actividades entre os alumnos.

Ver o guión.

02. DESENVOLVEMENTO

Durante tres sesións elaboramos o material necesario (carteis, protocolos prácticas, rosco para o pasapalabra…) para os días da semana da ciencia. Dedicamos parte da sesión final a facer un ensaio xeral para cronometrar o tempo e poder corrixir posibles deficiencias na exposición.  Os días 28 e 29 de marzo os alumnos expoñen diante dos seus compañeiros os traballos preparados por eles mesmos.

 

03. AVALIACIÓN

Un punto para cada alumno no que se terá en conta: a implicación no proxecto, a calidade da información atopada na internet, a presentación e a capacidade de exposición cara ós compañeiros.

EXPERIENCIAS

O  proxecto ponse en práctica co resto de alumnado de ESO . O nivel dos contidos adaptouse para que puidese abarcar todos os cursos cos que se traballou.