A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Somos iguais, somos diferentes

PRESENTACIÓN

Con este traballo preténdese que o alumnado terá que ser capaz de interiorizar e reflexionar sobre as emocións, sentimentos e sensacións que lles xeran as distintas cores e ser capaces de asociar cada unha a unha ou varias materias do curso.

 

CLAVES

  • MATERIAS:Indicado para utilizalo en Lingua Galega.
  • CONTIDOS: Expresividade, precisión de linguaxe, motivación, empatía, traballo en equipo e control de tempo.
  • SESIÓNS: 1 sesión inicial para elaborar a táboa das cores; 1 segunda sesión para realizar a asociación das materias coas cores; 1 terceira para debuxar os gráficos; 1 cuarta e última para trasladar os gráficos aos murais.
  • NECESIDADES: Forma parte da materia encadrada no apartado de traballo persoal (15% da nota global).
  • SINERXIAS: Lorem ipsum dolor sit amet

OBXECTIVOS

  • Reflexionar sobre as nosas emocións e sentimentos.
  • Exteriorizar as emocións a través das cores.
  • Asociar o valor das cores coas materias do curso.
  • Traballar en equipo.
  • Chegar a un consenso nas decisións a tomar.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Reunión das dúas profesoras, Marisé e Teresa, para idear o traballo. Trasladarlle a idea ao alumnado.

02. DESENVOLVEMENTO

  • Transmitir a idea xeral ao alumnado.
  • Elaborar unha táboa de cores.
  • Dar un valor a cada cor.
  • Reflexionar sobre o significado das materias.
  • Elaborar a táboa das materias.
  • Levar os resultados a distintos gráficos.
  • Poñer en común os resultados nun mural.

03. AVALIACIÓN

Observar o desenvolvemento da actividade.
Valorar o traballo en equipo.
Puntuar o resultado final.

EXPERIENCIAS

Ver as imaxes realizadas durante o desenvolvemento da actividade e o resultado final nos murais.

CONCLUSIÓNS:

O alumnado foi capaz de mirar no seu interior para, primeiro, dar valor ás distintas cores segundo as súas emocións e, segundo trasladar estas ás distintas materias.
O traballo en equipo resultou moi positivo, tanto en grupo individual, coma os dous grupos xuntos (1ºA e 1ºB).
O resultado final é interesante porque nos mostra a valoración das materias polo alumnado e fai reflexionar ao profesorado imoplicado.