A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Táboa periódica en vídeo

PRESENTACIÓN

 O alumnado de 2º de ESO  grava un vídeo  explicando brevemente a orixe etimolóxica dos nomes de 24 elementos da táboa periódica.

 

CLAVES

  • MATERIAS: indicado para Física e Química, Bioloxía, Xeoloxía, Grego e Latín.
  • CONTIDOS: gardan relación coa unidade de Elementos e Compostos Químicos na que se estuda a táboa periódica.
  • SESIÓNS: catro sesións en total. Dúas para gravar o vídeo e outras dúas para editalo. O resultado presentarase  diante dos seus compañeiros durante a Semana da Ciencia.
  • NECESIDADES: cámara de vídeo ou móbil, trípode, micrófono e ordenador, para facer a procura da información necesaria, e que dispoña dun programa de edición de vídeos.

OBXECTIVOS

  • Desenvolver as competencias do alumnado de busca de información na Internet.
  • Traballar contidos básicos para a materia de física e química de 2º de ESO. (nomes, símbolos e orixe de 24 elementos da táboa periódica)
  • Experimentar os beneficios de traballar en equipo.
  • Adquirir coñecementos básicos sobre a edición de vídeos.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Asignamos a cada un dos 24 alumnos un elemento químico. Escollemos os máis abundantes na Terra e nos seres vivos. Acudimos a sala de informática para facer a busca de información e anotala.

02. DESENVOLVEMENTO

Durante as dúas primeiras sesións gravamos aos 24 rapaces falando cada un dun elemento da táboa periódica. Cambiamos con certa frecuencia de plano para darlle máis dinamismo ao resultado final. O tempo aproximado por alumno é de 10 segundos. O obxectivo é que o vídeo non supere os tres minutos en total. As dúas sesións restantes dedicámolas a editar o vídeo na sala de ordenadores. Un alumno dirixe a actividade facendo un pequeno guión dos pasos a seguir para que os seus compañeiros aprendan a facelo.

03. AVALIACIÓN

Terase en conta a implicación no proxecto, a calidade da información atopada na internet e o esforzo por facer unha boa actuación no momento de gravar.

EXPERIENCIAS

O  vídeo preséntase durante a Semana da Ciencia ao resto de alumnado do centro.