A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Titorial «A apócema poética»

  • Irea e Jorge explican como inspirar poemas con xogos
  • Recibimos ó grupo xunto ó monumento a Esmeralda, o poema de Díaz Castro
  • Deben chegar ás tres fontes de inspiración situadas en diferentes puntos da praza
  • A primera maneira de avanzar é coa ducha: "lavamos" os prexuizos para ser creadores
  • A seguinte proba é ir a cegas, coas instruccións dun único guía ó final da fila
  • Para crear tamén hai que deixarse levar: o xogo do taxi que nos leva á seguinte inspiración
  • Ó rematar poñemos en común as inspiracións pasando do xogo ó relax como contraste
  • Cada participante escribirá in haiku inspirado pola actividade nos seus pasaportes
1/8

MATERIAIS NECESARIOS

  • Cordeis
  • Pinzas grandes para suxeitalos
  • Tarxetas de inspiración
  • Manual parada 06

PASO A PASO

  1. Colocamos os cordeis coa inspiración en lugares algo próximos entre si
  2. Introdución de benvida
  3. Pedímoslles que se poñan en fila por data de nacemento sen falar
  4. Se é un grupo moi numeroso dividímolo en dous, un para cada guía
  5. Propoñémoslles xogos para chegar ós cordeis de inspiración
  6. A orde dos xogos é: ducha / a cegas / taxi
  7. Unha vez teñen as fichas de inspiración pedímoslles que escriban un verso
  8. Facemos unha foto de grupo e despedímolos

NOTAS

  • Os cordeis colócanse antes da chegada dos grupos en sitios visibles e non moi alonxados
  • Os guías repartiranse previamente en que orde mandan os seus grupos a cada cordel
  • Comezamos co grupo reunido xunto ó monumento á Díaz Castro para a introdución
  • As actividades poden facerse en dous grupos ou nun so.

PRESENTACIÓN

Este é o Campo da Feira de Guitiriz. Díaz Castro viviu os seus últimos anos nun piso nesta rúa e pasaba moito tempo no parque, xa que era moi conversador e gustáballe falar cos nenos. Esta escultura de aquí é unha homenaxe ó seu poema máis infantil, Esmeralda: Herba pequerrechiña, que con medo surrís, o sol que vai nacendo e morrendo sen ti…

Parece un haiku, verdade? Os haikus son poemas xaponeses de verso libre e inspirados na natureza. Que vos inspira a vós? Imos axudarvos. Neses cordeis tedes colgadas inspiracións para que creedes o voso propio haiku, como se fose unha apócema da poesía. Pero chegar a inspiración non vai ser fácil

 

ACTIVIDADE

Primeiro dividímonos en dous grupos e para iso o primeiro reto é colocarse en fila por data de nacemento pero sen falar. Tedes que empregar a mímica para saber se alguén vai antes ou despois de vós. Agora, quen naceu máis preto do 24 de xuño? Por aquí dividimos en dous grupos. Agora, cada grupo ten que chegar todo xunto ás tres fontes de inspiración para coller unha cada un e pendurala da roupa.

Pero para chegar tedes que camiñar facendo as seguintes pautas:

A DUCHA. Para escribir, o primeiro paso é quitarnos os prexuízos dándonos unha boa ducha. Facemos dúas filas enfrontadas e o último vai pasando polo medio mentres os demais imos dándolle unhas boas fregas e así avanza a fila ata a corda. Unha vez aló que cada un colla unha inspiración e a colgue na camiseta.

 

A CEGAS. Os escritores non siguen manuais, van a cegas sobre o papel en branco, así que imos facer o mesmo, ir a cegas ata o seguinte cordel de inspiración. Poñémonos en fila cos ollos pechados. Só os abre o último da fila, que irá pasando instruccións sobre o camiño. Un golpe nos dous ombros significa avanzar e dous golpes, parar. Un golpe no ombro dereito significa virar á dereita; no esquerdo, virar á esquerda. Hai que ser rápidos para que a mensaxe chegue rápido adiante.

 

TAXI. Xa estamos limpos de prexuízos e aprendimos a camiñar a cegas, pero para escribir tamén podemos deixarnos levar. E iso imos facer. O primeiro que grite “taxi!” será levantado polo grupo que avanzará moi xunto levándoo no aire ata que outro grite “taxi!”, nese momento, deixamos a un para coller ó outro. Sempre moi xuntos e sempre cara a seguinte fonte de inspiración.

CONCLUSIÓN

Para a conclusión sentámonos nun círculo. As frases que tedes colgadas das vosas camisetas son a vosa apócema para escribir, a vosa inspiración, así que coa enerxía do xogo podedes escribir o voso propio haiku no pasaporte. Este pasaporte que ten a forma dun libro de cordel é o recordo do voso paso pola nosa fábrica de poetas.