A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Titorial «A viaxe do heroe»

  • Andrea e Álex explican esta actividade centrada no poema Penélope
  • Colocamos o grupo na estación contra a parede, se son moitos mellor fóra
  • Explicamos o mito de Penélope con voluntarios para disfrazarse
  • Repartimos instrumentos e recitamos Penélope con sons en certas palabras
  • Saímos co grupo nunha manfestación poética dándolle as consignas
  • Os guías voltan á estación e loxística regresa co cartel cando chegan ó destino
1/6

MATERIAIS NECESARIOS

  • Coroas de loureiro
  • Maleta de Ulises
  • La e agullas
  • Altofalante
  • Pau de chuvia
  • Tarro con moedas
  • Xornal para o son das follas de outono
  • O poema de Penélope en pancarta
  • Consignas para berrar na manifestación poética
  • Manual parada 03

NOTAS

  • Temos todo o atrezzo no banco
  • Colocar á xente contra a parede ou nos bancos para que vexan a obra

PASO A PASO

  1. Preparativos: colocar a maleta cos elementos desta parada antes da chegada
  2. Introdución na plataforma da estación
  3. Repartimos os roles de ulises, penélope e pretendentes con disfraces
  4. Explicamos o mito de penélope
  5. Quitar o poema de penélope da maleta, explicar a relación co mito e con díaz castro
  6. Recitalo todos xuntos cos sons
  7. Facer un debuxo no pasaporte inspirado no mito de penélope
  8. Conclusión: fagamos unha manifestación poética

PRESENTACIÓN

Non vos ten pasado cando ledes un libro que ás veces pensades: “esta é a mesma historia que aquela que…” As historias coinciden porque en moitos casos os autores teñen os mesmos referentes literarios. Así que os temas que trata a literatura son os mesmos dende hai moitos séculos: o amor, a morte, a amizade, a busca…

 

ACTIVIDADE

No caso de Díaz Castro moitos dos seus referentes eran da literatura clásica grega. Como a Odisea, a historia de Ulises que escribiu Homero hai case tres mil anos. É a historia da viaxe do heroe, do regreso á casa. Coñecédela? Imos interpretala. Quen quere ser Ulises? E Penélope? (colocámoslles ós volunatrios o atrezzo a medida que avanza a historia: coroas, maleta, lá)

«Estamos na illa de Ítaca e Ulises é seu rei que está casado con Penélope. Ulises marcha á Guerra de Troia e Penélope agarda por el, aínda que terá moitos pretendentes que queren casar con ela e insisten en que o Ulises xamais regresaría. Para non ter que casar de novo comeza a tecer un sudario e dilles ós candidatos que escollerá a un deles cando remate o remate. Pero Penélope tece polo día e destece pola noite para non ter que casar de novo. Dez anos despois da súa marcha Ulises regresa e recupera a súa posición e a súa muller.»

CONCLUSIÓN

E por que vos contamos esta historia? Porque o poema máis famoso de Díaz Castro titúlase Penélope pero nel non hai ningunha muller. A nós gústanos lelo poñéndolle banda sonora, escoitade a ver que vos parece: (Lemos o poema de Penélope cos sons de chuvia, moedas, barco, reloxo, pasos e outono nas palabras sulinadas. Facémolo unha vez de mostra e outra cos participantes. Os sons fanse ó final do verso)

De que pensades que fala Díaz Castro neste poema? Quen sería Penélope? Por quen agarda? Penélope é unha metáfora de Galiza que agarda polos emigrantes que marcharon dende sitios coma este, a estación de tren. Díaz Castro tamén foi emigrante e cando viña de vacacións facíao moitas veces no tren. Vivía en Madrid e cando se xubilou regresou a Guitiriz onde pasou os seus últimos anos.

Ese regreso de Díaz Castro foi tamén cando se comezou a reivindicar a súa poesía. Nós queremos seguir reivindicándoa e por iso imos facer unha manifestación poética ata a nosa seguinte parada!

(Collemos o estandarte e o megáfono e saímos cara a seguinte parada coreando as consignas:)

  • MÁIS POESÍA, MENOS TELEVISIÓN
  • O QUE NON BOTE É QUE NON SABE VERSAR, É QUE NON SABE VERSAR…
  • SEN SOÑOS NON HAI LUS!