A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Titorial «A voz do poeta»

  • Mónica e María explican como facer unha subasta de versos
  • Recibimos ós visitantes na porta da Casa Habanera
  • Na planta baixa explicamos a orixe do edificio coa foto dos mecenas
  • Para a poxa de versos ocupamos o auditorio da primeira planta e explicamos a dinámica
  • O poema que se vai poxar é escollido ó azar por alguén do público
  • Cronometramos o recitado para asegurarnos que cumple co tempo poxado
  • O público ten que ser capaz de repetir un verso ou identificar o significado do poema
  • O público ten que ser capaz de recordar un verso e copialo no seu pasaporte se lles gusta
1/8

MATERIAIS NECESARIOS

PASO A PASO

  1. Colocamos o atril para a subasta co cronómetro impreso e o mazo
  2. Recibimento e introdución na parte baixa da casa habanera
  3. Subimos ó primeiro andar e pedimos que se senten nas primeiras filas
  4. Explicamos a dinámica do xogo
  5. Facemos a subasta de cinco ou seis poemas dependendo do tempo dispoñible
  6. Pedímoslles que escollan un verso para o seu pasaporte

NOTAS

  • A presentación faise na parte baixa da Casa Habanera e o xogo na sala da primeira planta
  • Os guías colócanse no escenario e os participantes sentanse nas primeiras filas.
  • Alguén do público escolle un poema, amosámolo dicindo cantos versos ten e propoñemos un tempo de saída para poxar á baixa.
  • O obxectivo é que o lean no menor tempo posible.
  • Ollo coas baixas temerarias de tempo, se pensamos que non se pode ler no tempo que propoñen pódese declarar poxa nula e comezar de novo.
  • Se o grupo é numeroso facemos dous equipos para competir no tempo de lectura.
  • A quen se lle adxudique o poema ten que levantarse a lelo
  • Alguén de loxística cronometra para ver se cumpre co tempo.
  • Ó rematar a lectura alguén do público ten que ser capaz de repetir un verso demostrando que a lectura foi comprensible

PRESENTACIÓN

Esta é a Casa Habanera de Guitiriz e foi a primeira escola de bacharelato que houbo na vila. Como moitas das escolas do século vinte foi construída con aportacións feitas por emigrantes a América. Neste cadro de aquí tedes os rostros e nomes das persoas que contribuiron á súa construcción.

Pero hai moito tempo que a Casa Habanera xa non é a escola. Agora é un edificio municipal que se utiliza para exposicións, charlas, etcétera. Tamén ten unha biblioteca na parte de arriba.

Este edificio é importante na vida de Díaz Castro porque aquí deu o seu primeiro recital de poesía en Galiza. Foi en 1984, cando o poeta xa tiña 70 anos e regresara a vivir aquí. A ese recital acudiron moitos escritores da Terra Chá e de toda Galiza como Manuel María, quen consideraba a Díaz Castro como un mestre.

Este recital foi o primeiro recoñecemento público que recibiu na súa terra, máis de vinte anos despois de publicar Nimbos. Pois ben, imos emular ese recital cunha subasta de poemas que faremos na parte de arriba.

ACTIVIDADE

Imos subastar poemas, pero non de Díaz Castro, senón doutros autores da literatura universal cos que coincidiu no tempo. Díaz Castro falaba nos seus poemas da natureza, do campo, de Galicia, de Deus, do regreso á terra, da melancolía… Agora imos descubrir de que falaban outros poetas, nese mesmo momento, noutros lugares do mundo.

Primeiro escollemos o poema e tedes que apostar canto tardariades en lelo. É unha poxa, así que quen ofreza a duraciónd e lectura máis curta sairá a demostrar que é posible ler o poema nese tempo. Imos co primeiro

(Damos a escoller a alguén da primeira fila. Lemos a presentación do poema, amosámolo e comezamos coa poxa. Comezamos en 60 segundos e poden poxar en múltiplos de 5 segundos)

Adxudicado! Agora tes que lelo nese tempo. Para asegurarnos de que se entende a lectura alguén do público terá que ser capaz de repetir un verso ou dicir de que trata o poema.

CONCLUSIÓN

Fin da poxa! Agora para continuar tedes que vir a escoller un dos versos e anotalo no voso pasaporte