A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Titorial «Autor dun único libro»

  • Antón e Iván explican esta actividade sobre literatura universal
  • Recibimos ó grupo no Curro vello onde explicamos a dinámica
  • Repartimos os seis libros e seis autores, se é necesario xogan de dous en dous
  • Os libros toman posición nas balizas e os autores rotan buscando o seu libro
  • O autor pregunta coa súa información, o libro contesta si, non ou non sei
  • Cando un autor crea que atopou o seu libro quédase xunto a el
  • Xuntámonos todos para poñer en común autores e libros e correxir erros
  • Autores e libros posan emparellados todos no banco como final da actividade
1/8

MATERIAIS NECESARIOS

  • Sobres coas fichas de autores e libros
  • Balizas para colocar na zona
  • Silbato
  • Os libros para ir entregar a cada parella
  • Manual parada 02

PASO A PASO

  1. Os guías colocan as balizas nos puntos marcados e a caixa cos libros no bar 2. reunimos o grupo fronte ó bar para explicar a introdución
  2. Repartímolos entre libros e autores.
  3. Os autores reciben un ficha con pistas sobre quen son e o que escribiron
  4. Os libros reciben claves para respostar ós autores e o libro nun sobre
  5. Cada libro sitúase nunha baliza agardando polos autores
  6. Indicamos que o tempo das citas rápidas é 1 minuto e que ó sonar un chifre cámbiase 8. cando localicen o seu libro volven ó punto de saída.
  7. Facemos a conclusión e foto de grupo.
  8. Recollemos o material e colocámolo para o seguinte grupo ou levámolo connosco

NOTAS

  • Hai tarxetas identificadoras para un máximo de 60 participantes.
  • Hai 4 cores para dividir os visitantes en 4 grupos e facer as actividades de forma simultánea.
  • Os grupos deben ser mínimo de 8 persoas, podemos eliminar cores e facer menos grupos

PRESENTACIÓN

Estamos no Curro Vello, o barrio máis antigo de Guitiriz. Aquí imos coñecer a outros escritores que como Díaz Castro publicaron un único libro pero que non redordan o seu título. Imos axudarlles.

ACTIVIDADE

A metade de vós seredes libros e a outra metade autores. Os libros estaredes nas balizas agardando polo voso autor. E os autores iredes de libro en libro ata averiguar se é o voso. As pistas están nestes sobres. O idioma no que está escrito, o protagonista da historia, se o autor é home ou muller, se hai película… O único problema é que os libros so poden contestarvos si, non ou non o sei. Así que lede ben a información do sobre antes de facer as preguntas ou dar as repostas.

Amosámosvos un exemplo (explicamos a dinámica do xogo con Nimbos) O meu compañeiro é un libro e eu son un autor. Na miña tarxeta pon que me adicaron o Día das Letras Galegas así que lle pregunto se está escrito en galego. Nas súas pistas pon que é un clásico da literatura galega polo tanto, a resposta é si. E sigo facendo preguntas ata que estou seguro de que é o meu libro.

Se os autores atopades o voso libro quedade cando el. O resto, seguide buscando de baliza en baliza. Pode que haxa autores que coincidan no libro que cren que é deles. Despois veremos quen acertou.

CONCLUSIÓN

Agora imos saber se acertastes á hora de escoller o voso libro. Que cada autor explique que libro escolleu e por que. Os que acertaron poderán coñecer o seu libro e facerse unha foto. (Os autores que lean o seu perfil e o dos seus libros e entre todos decidimos se é correcto. Se é así dámoslles o libro en cuestión onde xa se ve o título e o autor para facer unha foto).

Estas son as respostas correctas:

  • Arundhati Roy escribiu El dios de las pequeñas cosas
  • Borís Pasternak escribiu El doctor Zhivago
  • Luis Martín-Santos escribiu Tiempo de silencio
  • Emily Bronte escribiu Cumbres borrascosas
  • Harper Lee escribiu  Matar a un ruiseñor
  • J.D Salinger escribiu O vixía no centeo

Agora para pasar á seguinte actividade tedes que anotar no voso pasaporte que libro destes vos gustaría ler algún día e quen o escribiu.