A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Titorial «O léxico de Díaz Castro»

  • Aida e Zaida explícannos como xogar ó bingo das palabras de Díaz Castro
  • Na Casa das Palabras damos a benvida e presentamos a Alfonso Blanco se está connosco
  • Tralas explicacións deixamos un rato para que miren as vitrinas ó seu aire
  • Para xogar ó bingo das palabras sentámolos na mesa e reciben un cartón e as fabas
  • Tras comprobar o bingo aclaramos a que palabra corresponden as definicións que sairan
  • Cando remata a actividade repartimos a torta de Guitiriz
1/6

MATERIAIS NECESARIOS

  • Bolsa do bingo coas bolas e fabas
  • Descripcións do bingo
  • Cartóns con palabras para cubrir
  • 3 tortas de Guitiriz ( 1 por grupo)
  • Manual parada 04

PASO A PASO

  1. Temos as cadeiras colocadas arredor das mesas para poder facer o bingo
  2. Cando chegan facémoslles un pequeno percorrido pola casa das palabras
  3. Sentámolos arredor da mesa e facemos a introdución
  4. Xogamos ata que alguén canta bingo
  5. Compróbamos que o bingo é correcto dicindo o significado de cada palabra
  6. Aclaramos o resto de palabras que sairan
  7. Repartimos a torta de guitiriz e o léxico por se queren miralo.
  8. Mentres comen a torta pedímoslles que enchan o oco no pasaporte

NOTAS

  • Facemos un pequeno percorrido pola Casa das Palabras e despois deixámolos que boten unha ollada
  • Despois sentámolos na mesa para xoga ó bingo.
  • Unha das guías saca un número, a outra le a definición da palabra correspondente con ese número.
  • A que vai quitanso os números que vaia anotando as palabras que saen
  • Cando alguén canta bingo compróbase que sairon tódalas palabras e aclaramos o seu significado e tamén do resto de palabras que sairon.
  • Ó rematar o bingo deixamos os léxicos sobre a mesa por se queren comprobar as palabras dos seus cartóns e repartimos a torta.

PRESENTACIÓN

Estamos na Casa das Palabras de Xermolos, unha Asociación Cultural creada por Alfonso Blanco. Alfonso e Xermolos son en boa medida os responsables de que hoxe esteamos falando de Díaz Castro pois foron os que recuperaron a súa figura e obra para Galiza.

Cando regresou a Guitiriz, Díaz Castro pasou moito tempo aquí, sobre todo na sala do lado, onde está a biblioteca e onde se lle fixo a última homenaxe, en 1990, uns meses antes da súa morte.

Xermolos é o depositario do legado de Díaz Castro e aquí conservan libros, libros, cartas, fotografías, recortes de prensa… Cousas persoais do poeta que podedes ver nas vitrinas. Por exemplo, aquí tedes fotografías da súa infancia, libros cos que estudou. Este abrigo era del. Este busto de bronce fíxollo o seu amigo Raúl Río. Nesta vitrina de aquí tedes por exemplo, unha edición orixinal de Nimbos do ano 1961 e todas as reedicións que se fixeron despois. Cal vos gusta máis? Botade unha ollada.

ACTIVIDADE

Agora sentámonos porque imos xogar un bingo.

Por suposto que non é un bingo calquera, é o bingo das palabras de Díaz Castro. El empregaba un léxico moi particular nos seus poemas e utilizaba léxico da zona de Guitiriz que é o que tedes nos cartóns. Agora, imos sacar números cos que vos damos unha definición, se credes que esa definición se corresponde cunha palabra do voso cartón, marcádea. Cando teñades todas, cantade bingo.

CONCLUSIÓN

Cantaron bingo! Agora imos comprobar que é correcto e revelar que palabras sairon e que o mellor non soubestes identificar.

O premio deste bingo é unha torta de millo de Guitiriz que imos compartir antes de continuar o roteiro. Mentres a comemos tedes que escribir no voso pasaporte algunha das palabras novas que aprendestes.