A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Desconecta coa música

PRESENTACIÓN

Investigamos etraballamos a través do proceso de creación dunha peza musical unha mensaxe social que faga pensar acerca do uso dos móbiles na sociedade actual. Relacionamos o uso dos dispositivos móbiles coa química, xa que este 2019 celebramos o Ano Internacional da Táboa Periódica.

CLAVES

  • MATERIAS: Música, Química, Valores, Educación Medioambiental.
  • CONTIDOS:
    • Do nacemento do blues ao rock. Estructura armónica e temáticas.
    • O uso do móbil na sociedade actual.
    • Iniciación á táboa períodica a través do coñecemento dos smartphone.
    • Obradoiro de creación de estrofas e estribillos nun tema musical.
    • Exercicio de investigación e comprensión textual.
  • SESIÓNS:
    • Realización de 2 sesións para a investigación e comprensión da temática a traballar.
    • 2 sesións para coñecer os xéneros musicais sobre os que traballaremos o tema. (Blues e rock; armonía, temáticas…).
    • 2 Sesións de traballo vocal e adaptación dos textos creados.
    • Gravación final do traballo dos grupos.
  • NECESIDADES: Esta actividade realizouse na aula de música, pola necesidade de equipos de son e instrumentos musicais para traballar a música. Tamén gravamos co uso de bases rítmicas xa existentes para axilizar o traballo nalgúns grupos.

OBXECTIVOS

  • O obxectivo principal achegar ao alumnado dos centros educativos a importancia de facer un uso responsable e controlado dos dispositivos móbiles. Ademais iniciar ao alumnado mais novo no coñecemento de elementos químicos da Táboa Periódica. Musicalmente achegarse a través de creacións propias a xéneros como o blues e o rock.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

  1. Localizamos textos e páxinas web que falan de Química e Móbiles.
  2. Iniciamos ao alumnado no coñecemento musical dos novos estilos que vamos traballar. ” O blues ” e o “Rock”.

02. DESENVOLVEMENTO

  1. Investigación móbiles e química. O medioambiente.
  2. Compresión textual
  3. Ideas principais extraídas.
  4. Creación de estrofas e estribillos con carácter poético.
  5. Traballo da armonía musical; acordes de LA mayor, Re mayor e Mi m ( Guitarras e Ukelele).
  6. Traballamos os textos elaborados coa base ritmica músical seleccionada.

03. AVALIACIÓN

  • Avaliamos a comprensión do alumnado.
  • Avaliamos a creatividade na elaboración de estrofas ( a mensaxe, o contido, a rima, a forza expresiva do texto creado)
  • Avaliamos a interpretación instrumental e vocal.
  • Realizamos a gravación final dos grupos.

EXPERIENCIAS

Gravamos un vídeo final. Adxuntamos o traballo realizado ao final dunha sesión de gravación co alumnado de música de 2º ESO.

CONCLUSIÓNS

O alumnado mostrou interés e curiosidade xa que traballou a través deste proxecto moitos aspectos que descoñecía dos dispositivos móviles e da química que estes conteñen. Ademais o rock foi unha forma musical moi axeitada para traballar esta mensaxe social.