A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

A última cea como nunca a viras

EQUIPO

Ana Pedreira, Fernando Ulla e Mónica Campo

SINOPSE

O fresco “A última cena”, pintado por Leonardo Da Vinci en Milán entre 1495 e 1497, foi a inspiración deste exercicio. Recrea a cea de Xesucristo cos apóstolos antes de ser capturado polos romanos, unha pasaxe histórica que coñecemos principalmente polas fontes bíblicas.

COMO O FIXEMOS

  • Este tema permitíanos traballar en equipo a profesorado de Lingua, Historia e Relixión.
  • Recreamos o chat que terían no seu caso Xesucristos cos Apóstolos e os Romanos entre si e con Xudas

QUE DIFICULTADES XURDIRON

  • As dificultades foron sobre todo técnicas, para resolver como ficcionar un chat. A parte de contido foi a máis sinxela pois adoptamos un código moi coloquial co que nos sentíamos moi cómodos e encaixaba co formato escollido.

CLAVES

  • Escoller o ton adecuado para queo alumno conecte co exercicio.

COMO LEVALO Ó AULA

  • Para facelo co alumnado recomendamos dividilo en dúas sesións. Na primera plantéxase o contido e os seus enfoques dende as diferentes disciplinas: literaria, histórica, relixiosa, artística, etcétera. Ó final da sesión plantéxase o reto de crear os chats entregando unha plantilla ó alumnado dividido por grupos.
  • Enfoques: Lingua: diferencias entre linguaxe culta e coloquial. As linguas mortas. Historia: contexto do feito en si e a súa representación pictórica. As fontes na historia. Relixión: a Biblia e as relixións do libro.
  • Aconsellamos repartirse o traballo entre o profesorado das disciplinas implicadas abordando este feito concreto dende diferentes perspectivas para obter un coñecemento global, neste caso de Historia, Arte, Religión e Literatura.
  • Destacar a importancia da documentación previa. Non poden crear un chat, nin en realidade ningún contido ou tarefa que lles propoñamos, se non teñen antes o coñecemento. Podemos darlle nós os contidos ou pedirlles que os busquen (que lean a pasaxe no Novo Testamento, por exemplo).

IDEAL PARA

  • Achegar ó alumnado a un tema histórico e relixioso de forma amena.
  • Contextualizar contidos
  • Reflexionar sobre a facilidade de falsificación de contido dixital

RECURSOS

  • Imaxinación
  • Plantilla de chats para facelo en papel
  • Un móbil se se quere ficcionar o chat e facer captura de pantalla
  • Aplicación para crear chats falsos