A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Vaia sorpresa!

Esta curtametraxe forma parte dun proxecto de formación de profesorado co que nos familiarizamos coas narrativas dixitais e o uso das pantallas, neste caso empregamos un formato de chat de whatsapp ambientado nunha aula.

QUE TEMA ESCOLLIMOS

Na curta o alumnado descobre con gran sorpresa que Brian May, o guitarrista de Queen, é astrofísico. Queríamos destacar que se pode compatibilizar unha boa preparación académica coas súas actividades lúdicas, que hai tempo para todo e empregramos o exemplo dunha figura pública de actualidade nese momento.

COMO O FIXEMOS

  • Escollimos a temática
  • Preparamos o guión empregando unha sinxela plantilla de chat.
  • Decidimos levalo ó formato audiovisual para darlle protagonismo ó alumnado e que se identificaran co tema.
  • Gravamos nunha clase de matemáticas coa profesora e o alumnado real facendo planos moi sinxelos
  • Para que se escoitase ben o diálogo (escaso) colocamos un micro conectado ó móbil

QUE DIFICULTADES XURDIRON

  • Notouse a falta de práctica na actuación, xa que non houbo ensaios.
  • Implicar ó alumnado foi complexo, xa que o texto fora traballado polas profesoras e lles resultaba un pouco alleo.
  • Falta de tempo para a rodaxe, pois non queriamos interromper horas da xornada académica.
  • A montaxe foi tediosa porque meter os textos e simular o chat ten moitas capas narrativas: os bocadillos, o texto, os sons, os emoticonos…

QUE OPORTUNIDADES OFRECE

  • Traballo en equipo.
  • Reflexión sobre o tema a tratar, que non perdan o tempo nas clases e atendan
  • Reflexión sobre a reputación e porque valoramos ás personaxes públicas

CLAVES

  • Levar o texto ben preparado para poñerse a gravar con axilidade
  • Ter en mente a montaxe do vídeo para simplificar a gravación, as veces é mellor facer o chat real que ficcionalo

COMO LEVALO Ó AULA

  • Pódese facer en tres sesións
  • Propoñemos temas entre o alumnado e que preparen os seus chats por grupos (entre 6-10 persoas)
  • Para facer o vídeo teñen que divivirse entre actores, produción, realización e montaxe e decidir onde o gravan.
  • Grávanse cos seus teléfonos e poden editalo eles no seu tempo de tarefas en aplicacións móbiles ou no aula de Tecnoloxía
  • Visionamos os traballos rematados e debatimos sobre os temas que propone cada chat

IDEAL PARA

  • Traballar temas con diferentes puntos de vista
  • Motivalos ó inicio de curso
  • Traballar as competencias clave: artística, lingüística, matemática, social, aprender a aprender…
  • Traballo colaborativo
  • Aprendizaxe entre iguais
  • Crear complicidade co alumnado achegándose ás súas narrativas e formatos

RECURSOS