A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Xogo didáctico sobre a táboa periódica

PRESENTACIÓN

O alumnado do PMAR de 2º de ESO  elabora un xogo didáctico para facilitar o estudo dalgúns elementos químicos da táboa periódica así como o seu símbolo. O xogo inclúe as fichas clasificadas en grupos, unha táboa periódica, as instrucións e a caixa rotulada.

 

CLAVES

  • MATERIAS: Indicado para Física e Química. Poden colaborar outros departamentos:
    • Educación Plástica ou Tecnoloxía, na parte práctica da elaboración do xogo e o rotulado.
    • Lingua castelá, Lingua galega, Inglés, Francés, Portugués: para redactar as instrucións en varios idiomas.
  • CONTIDOS: gardan relación coa unidade de Elementos e Compostos Químicos na que se estuda a táboa periódica.
  • SESIÓNS: catro sesións para elaborar o xogo e facer un pequeno guión para presentalo diante dos seus compañeiros durante a Semana da Ciencia. Dúas horas repartidas en tempos de 15-20 minutos para realizar unha competición tanto en 2º ESO ordinario como en PMAR e poñer en práctica o xogo.
  • NECESIDADES: goma EVA, cartolinas e perforadora para elaborar as fichas do xogo, ordenadores para redactar as instrucións, bolsas con peche zip para clasificar as fichas por grupos, etiquetadora para nomear as bolsas, impresora para rotular as fichas cos nomes e os símbolos e imprimir as instrucións e a táboa periódica e unha caixa que conteña o xogo.

OBXECTIVOS

  • Fomentar o desenvolvemento da memoria.
  • Aprender os nomes e símbolos de 60 elementos da táboa periódica.
  • Desenvolver habilidades manuais e psicomotoras específicas ao traballar con materiais diversos.
  • Desenvolver a creatividade e estimular a imaxinación.
  • Experimentar os beneficios de traballar en equipo.
  • Mellorar as súas destrezas dirixindo unha actividade cara ao público (presentación do xogo).

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Dedicamos os primeiros minutos dunha  sesión para repartir as actividades entre os alumnos en función das súas competencias.

02. DESENVOLVEMENTO

Durante as catro sesións elaboramos o material necesario:

. Recortar a goma EVA coa perforadora para elaborar a base das fichas.

. Redactar as instrucións do xogo

. Teclear nos ordenadoras os nomes e símbolos e imprimilos. Recortalos coa taladradora.

. Clasificar as fichas por grupos e etiquetar as bolsas.

. Decorar a caixa que conteña o xogo.

03. AVALIACIÓN

un punto para cada alumno no que se terá en conta: a implicación no proxecto, a calidade da información atopada na internet, a presentación e a capacidade de exposición cara ós compañeiros.

EXPERIENCIAS

O  xogo ponse en práctica  co alumnado de 2ºESO e preséntase durante a Semana da Ciencia ao resto de alumnado do centro.