A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

A sopa de versos – Titorial

  • Autoría
    Leticia Barbadillo, Elena Haz, Cristina de la Torre,
  • Ideal para
    Crear mentras brincamos
  • Materias
    Roteiros
  • Compartir en
    facebook, twitter

A Lus do mundo_Sopa de letras_02

PRESENTACIÓN

Pode un neno de aldea ser poeta? De seguro que si e Xosé María Díaz Castro foi un exemplo. Naceu en 1914 no Vilariño dos Cregos, en Guitiriz. Creceu na aldea, onde lle chamaban o neno Pepe. Despois foise estudar ó seminario a Mondoñedo e viviu en Vilagarcía e Madrid, pero sempre que podía volvía ó Vilariño, o lugar que lle inspirou versos como os que están nas tarxetas deste xogo.

ACTIVIDADE

Imos repartir unha tarxeta a cada participante. Nelas están algúns dos versos máis famosos de Díaz Castro divididos en tres partes. Cada unha das tarxetas ten unha parte dun verso. Hai que atopar as dúas tarxetas que completan o voso verso. As cores e os números son unha pista para axudarvos a formalos. Por exemplo, se vos toca un amarelo 2, tedes que atopar o amarelo 1 e 3.

CONCLUSIÓN

Os versos que formamos son parte do poemario Nimbos, o único libro que Díaz Castro publicou en vida, xa que no 2014, cando se lle adicou o Día das Letras Galegas, publicáronse algúns poemas inéditos. Entre eles había versos da súa infancia que escribiu na aldea do Vilariño, inspirado polo mundo rural no que creceu.

A Lus do mundo_Sopa de letras_01

TITORIAL

Esta actividade é a primeira parada do roteiro UN NENO DE ALDEA. Foi ideada para crear os grupos do roteiro divididos por cores. As guías do roteiro explícannos neste titorial como facer a actividade

 

DESCARGAS