A lus do mundo

Tralas pegadas de Díaz Castro — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

O costumismo en Díaz Castro

COSTUMES FEITOS LÍRICA

Ofrecémosche unha selección de poemas costumistas de Díaz Castro

  • Indica que costumes narran.
  • Fíxate na lingua que emprega e procura os desvíos da norma.
  • Fíxase nas palabras descoñecidas e intentar averiguar o significado.
  • Procura algunha metáfora, símil, hipérbole e personificación. ¿Que figuras retóricas son as que máis abundan?

Terra achaiada

Ei, o sol, niño ardendo nos loureiros!
Ei lediza do agro cheo de homes!
Nos meus ollos de neno, lapas, hoxe terra rebada,
Lóstrebos enroscados das fouciñas
e voces grandes coma a de meu pai! …

Follas ó Aire

Hai unha irmandá íntima entr´as cousas
que eu, borracho d´amor, canto, como hai
unha amiga relación entr´as lousas
que a testa che cobren, ¡ti que t´apousas
entr´o pinar, ouh casa de meu pai!.

Coma unha insua

Pro veu a noite derrubando todo!
I eu, sedento dunha áncora ou baía,
dinme a buscar teus cen perdidos nomes
para te chamar, ouh nai, ouh insua miña!

Coma un río

Coma un río quixera eu ser: cantar
con estrelas no lombo cara ó mar,
deixando unha chorima en cada pedra
i unha bágoa de Deus en cada herba.

 

¿DE QUE FALA O AUTOR?

Adiviña nos seguintes versos inéditos ata o 2014, a que se refire o autor:

Xa vén, xa vén
no seu carro inflado de rosas
arrastrado por mans misteriosas…

¡ Os prados i os campos que, baixo o seu beixo,
quedarán floridos!

¡Sabrosas que sodes, noites,
cheas de palla e de gran
que pasades voandeiras
pol-as rúas do lugar,
ántr´os atruxos dos mozos
i-os fortes ladros d´un can!

Oubea o vento, están caendo as follas,
están caendo os días…
Está caendo todo.

Soledá, sombras e frío

Xeme o vento. Xeme o río
As doce. Chove e fai frío.