A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Literatura de cordel

  • Coa literatura de cordel creamos relatos e pequenos libros

TAREFA PREVIA

Comentario de textos poéticos, lectura e análise de poemas de Díaz Castro a través de clases maxistrais e preguntas dirixidas.

EXERCICIOS ESPECÍFICOS

  • Creación de logotipos que “dibuxen” un poema
  • Creación de caligramas
  • Composición de Haikus  (a partir da atención ao mundo natural)
  • Elaboración dun poema a partir dos propios versos do autor: Os alumnos deben recoller aqueles versos que máis lles chamaran a atención para compor un poema novo, mesturando os versos escollidos.

Si é que un poema é un nimbo de lus
Non sei por que me deron esta mañá vidrada
Despida coma o ceio
Dun recordó moi longo, recolleito
Das sombras que, xogando cos meus ollos  …etc.

  • Ingredientes para a pócima Díaz Castro (Pódense elaborar variantes: receita, lista da compra…). Por exemplo:

200 grs de alas de pomba
Unha pizca de sombra
Unha bágoa de Deus
Dúas noites de soño puro
Cinza de rosas ( a gosto)
Proceso:  Desoballamos os ingredientes na tea dos nosos soños, deixando unha chorima en cada pedra.  Deixamo-los repousar  unha mañá vidrada de alas de pomba… (etc.).

  • Grafittis con versos seleccionados (existe unha aplicación que lles da ese aspecto):

Eu deixo aquí os nimbos, coma cinza de rosas.

  • Continuar un poema do autor a partir de varias posibilidades:
    • Un personaxe responde ao poeta
    • Entre dous versos, engadimos un novo (mesmo esquema rítmico)
    • Etc.
  • Realización de acrósticos co nome do poeta, das suas obras, dalgunha palabra clave na sua obra, etc. Por exemplo, con Nimbos:

Na miña vida en lume se enxeriron
I eu coma un fondo rio de recendos
Matei aqueles recordos.
Brotou en min, como nun mar de escuma,
O verdadeiro  amor,
Sen sentir o martelo dun recordo en sangue.

  • Escreber un pequeno relato a partir dalgun verso , fragmento ou poema que serva de inspiración para unha historia. Por exemplo, comezar ou rematar unha narración a partir do seguinte verso:

“Deica o mencer chegaron os seus berros”

METODOLOXIA

Traballar con pequenos grupos ou parellas, para fomentar o proceso creativo en colaboración.

TEMPORALIZACIÓN

Aproximadamente entre 8-12 sesións.

PROCESO FINAL

  • Seleccionar, en cada grupo, as creacións mais interesantes (en torno a 3), indicando en cada caso cal foi o poema de D.Castro que lles serviu de inspiración.
  • Cos programas ofimáticos,  cada grupo escrebe e  inclue as imaxes  que precise nun arquivo de texto. Extensión: 2 folios, divididos en 4 apartados da mesma extensión.
  • Imprimir  en DinA4 os resultados (3 obras)  e os versos de D.C. (3 obras) nunha disposción que permita doblar o folio coma un pequeno libriño de oito follas (un pliego de cordel).
  • Deseñar previamente unha portada e unha contraportada.

RESULTADO DO PROXECTO

Repartir os pliegos de cordel con mención expresa dos autores.  O ideal sería mostra-los e  reparti-los nunha feria, atados a cordas, como se facia en Europa séculos atrás e, aínda hoxe, no Brasil. Sería interesante que os rapaces leran as suas propias obras, explicando, en cada caso, a fonte inspiradora e o proceso de creación.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Basearemo-nos en:

  • A calidade dos resultados: busca dunha creación artística no traballo?
  • A implicación individual e o grao de colaboración co grupo.
  • A  relación entre a obra orixinal e o resultado de cada estudante: copia sen manter o ton orixinal, copia atendento á atmósfera do orixinal, vai alén disto e pretende modificar (non copiar) mesmo o espírito da obra de referencia?
  • O esmero á hora de dar un formato dixital e impreso a unha obra artística e creativa.