A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

O ceo dos maiores. Roteiro

  • Vídeo resumo das entrevistas ós avós que fixo o alumnado de 3º ESO no 2016-17

No curso 2016/17 o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz escolleu a astronomía como proxecto transversal de centro. No departamento de lingua e literatura galega decidimos propoñer ó alumnado que lle fixeran unha entrevista ós seus avós e avoas co ceo como tema.

Preparamos as preguntas e recibimos algunhas orientacións técnicas para gravar cos móbiles e facer entrevistas. O resultado é un roteiro pola lus do mundo onde podedes coñecer ós nosos maiores.